Estás aquí: start » centro » servizos » proxy_web

Redireccionamentos Web / Reverse Proxy para WebApps

Esta é unha revisión antiga do documento!


Proxy web / Redireccións

Descrición do servizo

Redireccións web mediante proxy inverso que permiten acceder dende fora do centro a aplicacións, en entorno de probas ou de producción, que estean instaladas en servidores da rede do centro, como por exemplo en CloudStack.

Alta no servizo

Debe solicitarse unha nova alta por cada redirección, mediante o formulario de peticións e incidentes. Para acceder ó formulario precisas o teu usuario e contrasinal da identificación CITIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.

Non olvides especificar:

  • A URL completa de acceso dende dentro do centro.
  • A ruta completa de acceso dende fora, que pode ser igual ou diferente á de dentro e o dominio, que pode ser demos.citius.usc.es ou tec.citius.usc.es.
  • Se precisas algunha característica especial (arquivos grandes, timeouts elevados, SPDY, websockets, etc.).
  • Data de expiración (un ano prorrogable para as máquinas aloxadas en proxectos do cloud; noutros casos como máximo seis meses non prorrogables)
  • Se queres monitorización do funcionamento por parte dos administradores de sistemas. Máis abaixo está explicado en que consiste esta monitorización.

Recibirás a confirmación da alta por correo electrónico. Pasada a data de expiración, o persoal de administración porase en contacto de novo contigo para saber se debe renovar a redirección por máis tempo ou borrala.

Se queres saber cales son as redireccións que tes ó teu nome, podes consultar a páxina de consulta de redireccións.

Podes usar este exemplo:

URL actual de acceso dende o centro: http://172.16.244.255:8045/exemplo
URL solicitada dende fora: http://tec.citius.usc.es/exemplo
Características especiais: Ningunha
Data de expiración: 1 anho prorrogable
Monitorizar: Non/Si

Monitorización

A monitorización permite ós administradores do centro coñecer se algunha ruta non está a contestar adecuadamente.

Esta monitorización soamente comproba se a URL responde, e se responde un código HTTP que non sexa un erro, e non pode facer comprobacións máis complexas.

En caso de atopar algún problema, os administradores do centro poñeranse en contacto coa persoa que pediu no seu momento a redirección tan pronto como sexa posible.