Esta é unha revisión antiga do documento!
Proxy web
Descrición do servizo
Redireccións web mediante proxy inverso que permiten acceder dende fora do centro a aplicacións, en entorno de probas ou de producción, que estean instaladas en servidores da rede do centro, como por exemplo en CloudStack.
Alta no servizo
Debe solicitarse unha nova alta por cada redirección, mediante o formulario de peticións e incidentes. Para acceder ó formulario precisas o teu usuario e contrasinal da identificación CITIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.
Non olvides especificar:
- A URL completa de acceso dende dentro do centro.
- Se desexas acceso HTTP, HTTPS ou ambos.
- O dominio de acceso, que pode ser
demos.citius.usc.es
outec.citius.usc.es
. - A ruta completa de acceso dende fora, que pode ser igual ou diferente á de dentro.
- Se precisas algunha característica especial (arquivos grandes, timeouts elevados, SPDY, websockets, etc.).
- Data de expiración (se a tivera, se non é así darase por suposto un ano)
Recibirás a confirmación da alta por correo electrónico. Pasada a data de expiración, o persoal de administración porase en contacto de novo contigo para saber se debe renovar a redirección por máis tempo ou borrala.
Podes usar esta plantilla:
URL actual de acceso dende o centro: http://172.16.244.255:8045/exemplo URL solicitada dende fora: http://tec.citius.usc.es/exemplo Acceso: HTTP e HHTPS Características especiais: Ningunha Data de expiración: Ningunha