Estás aquí: start » centro » servizos » nextcloud

Servizos na nube Nextcloud

Esta é unha revisión antiga do documento!


Servizos na nube Nextcloud

Servizos de almacenamento, calendario, notas, tareas, contactos e edición colaborativa de documentos.

Acceso

Todos os usuarios cunha conta estándar teñen acceso a través de https://nextcloud.citius.usc.es/ coa súa conta do CiTIUS.

Os usuarios con conta limitada poden solicitar permiso de acceso a través do seu responsable no centro.

Servizo de Almacenamento

Clientes de sincronización

Hai clientes de sincronización dispoñibles para Windows, Mac, Linux, Android, iOS e Windows Phone. Podes descargalos dende a páxina oficial.

Nos clientes sempre hai que indicar a ruta do servidor de Nextcloud, que é nextcloud.citius.usc.es, máis o usuario e contrasinal do CiTIUS.

A Ubuntu 16.04 instalada polo centro dispón de integración automática, cun asistente para configurar a conta co cliente de Nextcloud, que sincroniza os arquivos de Nextcloud con directorio local. Tamén hai un marcador directo no explorador de arquivos para acceder aos arquivos do servidor (sen descargalos previamente) a través de WebDAV.

Na Ubuntu 14.04 instalada polo centro está tamén o cliente instalado. Busca Nextcloud no panel de aplicacións.

Para outras distribucións de GNU/Linux, consulta a páxina oficial

Acceso directo a través de WebDAV

Navegadores de arquivos de GNU/Linux coma Nautilus soportan este protocolo de serie. Podes probar coa ruta davs://nextcloud.citius.usc.es/remote.php/webdav/ (se non funciona podes probar a cambiar davs: por webdav:).

En Windows 10 é posible conectar como unha unidade remota, especificando a ruta https://nextcloud.citius.usc.es/remote.php/webdav/. Sen embargo, o cliente de WebDAV de Windows ten moitos problemas de implementación e pode fallar nalgúns casos. É recomendable usar clientes de terceiros para acceder a WebDAV, coma Cyberduck.

Calendario e contactos

Non hai un cliente oficial gratuíto para a sincronización de calendarios e contactos. Os calendarios están accesibles a través de CalDAV e CardDAV, que soportan varios clientes.

Edición colaborativa de documentos

O Nextcloud dispón dun editor Collabora Online Developer Edition, que permite a edición colaborativa de todos os documentos soportados por LibreOffice (documentos de texto, follas de cálculo e presentacións).

Pódense compartir os documentos usando a interface de Nextcloud, e editalos varias personas a un tempo, de xeito similar a como se fai con Google Docs. Tamén se poden crear documentos novos dende a propia interfaz web de Nextcloud.

Copias de seguridade

Fanse copias de seguridade todos os días para poder recuperar arquivos en caso de desastre. Para acceder ás copias de seguridade, debes poñerte en contacto coa Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC.