Esta é unha revisión antiga do documento!
Servizos na nube Nextcloud
Servizos de almacenamento, calendario, notas, tareas e contactos na nube.
Acceso
Todos os usuarios cunha conta estándar teñen acceso a través de https://nextcloud.citius.usc.es/ coa súa conta do CiTIUS.
Os usuarios con conta limitada poden solicitar permiso de acceso a través do seu responsable no centro.
Integracións
Almacenamento
Hai clientes de sincronización dispoñibles para Windows, Mac, Linux, Android, iOS e Windows Phone. Podes descargalos dende a páxina oficial.
Nos clientes sempre hai que indicar a ruta do servidor de Nextcloud, que é nextcloud.citius.usc.es
, máis o usuario e contrasinal do CiTIUS.
Tamén pode accederse ao almacenamento a través de WebDAV. Algúns navegadores de arquivos coma Nautilus soportan este protocolo de serie. Podes probar coa ruta davs://nextcloud.citius.usc.es/remote.php/webdav/files/nome.usuario
.
A Ubuntu 16.04 instalada polo centro dispón de integración automática, cun marcador directo no explorador de arquivos para acceder a través de WebDAV, e un asistente para configurar a conta co cliente de Nextcloud.
Calendario e contactos
Non hai un cliente oficial gratuíto para a sincronización de calendarios e contactos. Os calendarios están accesibles a través de CalDAV e CardDAV, que soportan varios clientes.
Edición colaborativa de documentos
O Nextcloud dispón dun editor Collabora Online Developer Edition, que permite a edición colaborativa de todos os documentos soportados por LibreOffice (documentos de texto, follas de cálculo e presentacións).
Pódense compartir os documentos usando a interface de Nextcloud, e editalos varias personas a un tempo, de xeito similar a como se fai con Google Docs. Tamén se poden crear documentos novos dende a propia interfaz web de Nextcloud.
Copias de seguridade
Fanse copias de seguridade todos os días para poder recuperar arquivos en caso de desastre. Para acceder ás copias de seguridade, debes poñerte en contacto coa Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC.