Esta é unha revisión antiga do documento!
Espazo na wiki
Espazo na wiki dirixido a grupos de traballo de persoal do centro. Os espazos permiten a creación de un número indefinido de páxinas a partires dun espazo de nomes, do seguinte xeito:
http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo
http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo:subpaxina
http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo:subpaxina:outra_subpaxina
Alta no servizo
Calquera investigador do centro pode solicitar a creación dun novo espazo na wiki mediante o formulario de peticións e incidentes. Débese especificar o nome para o espazo da wiki, que só pode conter letras minúsculas, números e algúns símbolos, pero non espazos.
Manual de usuario
Permisos de acceso
Os permiso de acceso poden xestionarse directamente a través da wiki. Por defecto só os pode modificar a persoa que solicitou a wiki. Se se desexa que alguén máis poida modificalos, débese solicitar.
Espazo ACL: Onde se gardan os permisos
O espazo acl
é un espazo especial da wiki que garda os permisos de acceso, que sempre son públicos (isto quere dicir que calquera pode ver quen ten acceso a unha wiki).
Os permisos do espazo nomedoespazo
gárdanse en acl:nomedoespazo:start
. Polo tanto, para modificar os permisos de http://wiki.citius.usc.es/nomedoespazo
debes acceder a http://wiki.citius.usc.es/acl:nomedoespazo:start
.
Tamén se poden especificar permisos para páxinas concretos, por exemplo, os permisos da páxina nomedoespazo:exemplo
gárdanse en acl:nomedoespazo:exemplo
. Se en lugar dunha páxina é un subespazo, débese engadir :start
ó final.
Como especificar os permisos
Por defecto, todos os usuarios (incluídos os non identificados) poden ler o contido das wikis, e só pode editala o usuario que solicitou a wiki (a non ser que especificara na alta máis usuarios).
Os permisos especifícanse un por liña, do seguinte xeito:
X:nome.de.usuario
- Sendo
X
unha letra que representa o permiso: Ningún, lectura(R), Edición, escritura(W)1). - O
nome.de.usuario
pode ser un nome de usuario ou os nomes dos grupos@ALL
ou@user
, que repesentan a todos os usuarios e ós usuarios identificados, respectivamente.
Cando os permisos se procesan correctamente, aparecen recollidos dentro dun recadro gris. Se algún permiso non se procesa correctamente, aparece fora do recadro gris.
Exemplo
Os seguintes permisos só deixan acceder ós usuarios rexistrados con permiso de lectura, e só poden escribir nel os usuarios usuario.un
e usuario.dous
. O usuario usuario.tres
non pode acceder.
N:@ALL R:@user W:usuario.un W:usuario.dous N:usuario.tres