Esta é unha revisión antiga do documento!
Instalar drivers de Virtio en Windows XP
Na interface de Cloudstack, preme no botón e anexa a ISO Windows All Virtio Drivers.
Ó arrincar a imaxe a primeira vez e rematar a configuración, aparecerá un diálogo de asistente de novo hardware. En caso contrario ou en caso de ter xa ignorado este diálogo:
- Accede a Inicio > Configuración > Panel de Control
- Abre Sistema
- Na pestaña Hardware, preme en Administrador de dispositivos
- En Otros dispositivos > Controladora SCSI fai clic dereito e preme en Actualizar Controlador…
No diálogo de asistente de hardware:
- Elixe No por el momento e pulsa Siguiente
- Elixe Instalar desde una lista o ubicación específica e pulsa Siguiente
- Asegúrate de que está marcado Buscar en medios extraíbles e pulsa Siguiente
Unha vez rematado o proceso, os discos adicionais xa deberían aparecer no administrador de discos. Ten en conta que os discos non teñen formato por defecto, e precisas usar o administrador de discos para formatealos e asignarlles unha letra de unidade.