Instalar drivers de Virtio en Windows XP

Esta é unha revisión antiga do documento!


Instalar drivers de Virtio en Windows XP

Na interface de Cloudstack, preme no botón e anexa a ISO Windows All Virtio Drivers.

Ó arrincar a imaxe a primeira vez e rematar a configuración, aparecerá un diálogo de asistente de novo hardware. En caso contrario ou en caso de ter xa ignorado este diálogo:

1. Accede a Inicio > Configuración > Panel de Control 2. Abre Sistema 3. Na pestaña Hardware, preme en Administrador de dispositivos 4. En Otros dispositivos > Controladora SCSI fai clic dereito e preme en Actualizar Controlador…

No diálogo de asistente de hardware:

1. Elixe No por el momento e pulsa Siguiente 2. Elixe Instalar desde una lista o ubicación específica e pulsa Siguiente 3. Asegúrate de que está marcado Buscar en medios extraíbles e pulsa Siguiente

Unha vez rematado o proceso, os discos adicionais xa deberían aparecer no administrador de discos. Ten en conta que os discos non teñen formato por defecto, e precisas usar o administrador de discos para formatealos e asignarlles unha letra de unidade.