Esta é unha revisión antiga do documento!
Cluster Big Data 1
Descrición do servizo
Cluster de experimentación e investigación en Big Data. O obxectivo do cluster é proporcionar unha plataforma hardware axeitada para a tipoloxía de traballos asociada co Big Data cunha configuración que poida mudar flexiblemente, facendo posible investigar e experimentar con ela.
Alta no servizo
A alta debe solicitarse mediante o formulario de peticións e incidencias. Para acceder ó formulario precisas usuario e contrasinal do CITIUS.
Aceso
Unha vez otorgada a alta o aceso faise a través do nodo master que actúa como frontend de todo o cluster:
ssh -X <usuario citius>@master-bd1.inv.usc.es
Uso
Neste momento o cluster ten instalado Apache Ambari como xestor. Pódese xestionar todo o cluster dende a súa GUI co seguinte comando:
firefox -no-remote nodo1:8080
O usuario e contrasinal son admin/admin
.
Hardware
16 Servidores Dell EMC PowerEdge R730, cada un coa seguinte configuración:
- 2 x Intel Xeon E5-2630 v4 (2,2Ghz 10c)
- 384 GB de RAM: 12 x 32GB RDIMM 2400MT/s
- 32 TB HDD: 8 x 4TB 7.2k SATA 6Gbps en JBOD
- 2 x 10Gb BaseT y 2 x 1Gb BaseT