Estás aquí: start » centro » servizos » bd1

Cluster Big Data 1

Cluster Big Data 1

Descrición do servizo

Cluster de experimentación e investigación en Big Data. O obxectivo do cluster é proporcionar unha plataforma hardware axeitada para a tipoloxía de traballos asociada co Big Data cunha configuración que poida mudar flexiblemente, facendo posible investigar e experimentar con ela.

Alta no servizo

A alta debe solicitarse mediante o formulario de peticións e incidencias. Para acceder ó formulario precisas usuario e contrasinal do CITIUS.

Acceso

Unha vez otorgada a alta o acceso faise a través do nodo master que actúa como frontend de todo o cluster:

ssh <usuario citius>@master-bd1.inv.usc.es

Para poder acceder á interface de xestión de Ambari, é preciso redirixir o porto 8080 do nodo1 usando SSH. En caso de querer usar a interface de xestión, debe empregarse este comando:

ssh -L 8080:nodo1:8080 <usuario citius>@master-bd1.inv.usc.es

Uso

Para xestionar o cluster dende a interface de Apache Ambari, unha vez conectado por SSH coa opción -L 8080:nodo1:8080, conectarse a http://localhost:8080/

O usuario e contrasinal son admin/admin.

Software

Dende a consola de Ambari pode xestionarse o seguinte software:

  • HDFS 2.7.3
  • YARN 2.7.3
  • Tez 0.7.0
  • Hive 1.2.1000
  • Pig 0.16.0
  • ZooKeeper 3.4.6
  • Storm 1.1.0
  • Spark 1.6.3
  • Spark2 2.2.0
  • Zeppelin Notebook 0.7.3
  • Slider 0.92.0

Ademáis na seguinte táboa se indican outros proxectos xestionados por usuarios no cluster:

Usuario Software Nodos Notas
David Luaces Cachaza MongoDB Sharding Todos Hasta 12/19
Cesar Piñeiro Pomar GlusterFS Todos
Rodrigo Martinez Castaño Docker 3 y 4

Hardware

16 Servidores Dell EMC PowerEdge R730, cada un coa seguinte configuración:

  • 2 x Intel Xeon E5-2630 v4 (2,2Ghz 10c)
  • 384 GB de RAM: 12 x 32GB RDIMM 2400MT/s
  • 32 TB HDD: 8 x 4TB 7.2k SATA 6Gbps en JBOD
  • 2 x 10Gb BaseT y 2 x 1Gb BaseT