Acendido e apagado remoto de equipos

Esta é unha revisión antiga do documento!


Acendido e apagado remoto de equipos

Descrición do servizo

Acendido (e apagado) de equipos de forma remota mediante web.

Con este servizo, non é necesario que deixes prendido o teu equipo se pensas que podes necesitar facer uso del pola noite, no fin de semana ou durante unha estancia fóra.

Para que o sistema de acendido funcione o equipo debe ter o Wake on Lan activado. Moitos dos equipos xestionados pola Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC xa o teñen habilitado, pero recomendamos probar se funciona a primeira vez.

Acceso ó servizo

O servizo está accesible mediante a URL https://apps.citius.usc.es/wakeonlan/.

Manual de usuario

Aparecerá o listado dos equipos que tes permitido apagar ou acender, xunto co seu estado actual. Os equipos que aparecerán serán o teu propio equipo (máximo un equipo por roseta), e os servidores que teñan apagado automático, poidan ser acendidos mediante este sistema e teñas acceso concedido.

Segundo o estado de cada equipo, podes acender ou apagar o equipo:

  • Indicador apagado (gris): O equipo está apagado, podes acendelo pulsando o botón. Non hai forma de detectar se o equipo acende ou non correctamente ata que arranque, polo que a aplicación esperará un minuto antes de volver a intentar ver o estado do equipo, e entón volverá a consultalo. Se o equipo permanece apagado (gris) seguramente o equipo teña desactivado o Wake on Lan na BIOS ou na tarxeta de rede.
  • Indicador acendido (azul estático): O equipo está acendido, podes apagalo pulsando o botón. Só se poden apagar mediante este sistema os equipos con Ubuntu CITIUS 12.04. O resto dos equipos recibirán un error ó intentar apagalos. Os servidores con apagado automático non se poden apagar manualmente, e o botón aparecerá sombreado.
  • Indicador traballando (azul en movemento): O equipo está sendo acendido ou apagado neses momentos, e non podes facer nada. O indicador estará neste estado durante un minuto e medio tras acender ou apagar o equipo.
Algúns equipos non se poden acender ou apagar, e polo tanto aparecerán co botón sombreado unha vez acendidos se non poden ser apagados, ou unha vez apagados se non poden ser acendidos. Aínda que apareza o botón de apagado nos equipos de escritorio, o apagado só está soportado nos sistemas co sistema operativo Ubuntu CITIUS 12.04. Os sistemas con Ubuntu CITIUS 14.04 non funcionan polo de agora.

Preme no botón Logout para pechar sesión na aplicación.

Cambios

Versión 1.2

  • Recoñece o login da páxina principal do centro http://citius.usc.es/, de forma que ó estar logeado alí non é necesario volver a logearse.
  • 1.2.3: Utiliza directamente o formulario de login do centro en caso de non estar logeado.

Versión 1.1

  • Se o equipo non se pode apagar nin acender, non aparece no listado.
  • Se o equipo non se pode apagar, non aparece o botón de apagar.
  • Se o equipo non se pode acender, non aparece o botón de acender.

Preguntas frecuentes

Tras premer no botón de acendido, aparece o indicador azul en movemento e despois volve ó indicador de apagado

Esto pode ser debido a varias causas:

  • O equipo está atascado nalgunha secuencia de arranque (BIOS, menú do Grub, etc.) e require intervención manual.
  • O equipo non está conectado á rede.
  • O equipo non está correctamente configurado para Wake on lan. Pode pasar a primeira vez que probes a ferramenta. Avisa á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC en citius.tic@usc.es para que lle boten unha ollada á configuración do teu equipo.

Tras premer no botón de acendido, aparece o indicador azul en movemento, despois volve ó indicador de apagado durante uns segundos e despois aparece o indicador de acendido

O sistema non ten forma de comprobar se o equipo está acendendo de verdade, polo que tras enviar o sinal de acendido, agarda un minuto e medio antes de volver mostrar o estado real. Se pasado ese minuto e medio o equipo aínda non acendeu, pero remata máis tarde, é posible que o indicador volva ó estado de apagado durante uns segundos e, unha vez acendido, apareza finalmente o estado correcto.

Tras premer no botón de apagado, aparece o indicador azul en movemento e despois volve ó indicador de acendido

Isto pode ser debido a que o sistema quedou atascado nalgunha secuencia de apagado e requira intervención manual.

O botón de acendido/apagado aparece sombreado e non podo pulsar nel

Algúns equipos non se poden apagar ou acender, e estando acendidos ou apagados terán o botón deshabilitado, dependendo das accións que estean permitidas.

Non aparece o meu equipo na lista de equipos que podo acender/apagar

Avisa á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC en citius.tic@usc.es. Os equipos asígnanse manualmente e é posible que haxa algún erro.