Acceso ó almacenamento mediante SMB e SSH

Esta é unha revisión antiga do documento!


Acceso ó almacenamento mediante SMB e SSH

Descrición do servizo

Acceso ó almacenamento compartido mediante NFS, a través dos protocolos Samba (CIFS) e SSH (inclúe SFTP).

Alta no servizo

A alta no servizo é automática para todos os usuarios con acceso ó almacenamento compartido mediante NFS. O nome de usuario e contrasinal son os da identificación CITIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.

Axuda

Acceso mediante SFTP/SSH

Os datos de acceso son os seguintes:

  • Servidor: 172.16.242.41
  • Porto: 22

Os espazos están accesibles nos seguintes directorios:

  • Directorios de usuario: /homes/nome.de.usuario.
  • Directorios de proxectos: /proyectos/nome.de.proxecto
  • Directorio scratch: /scratch

Exemplo:

  • ssh://172.16.242.41/homes/jorge.suarez

Acceso dende Ubuntu

  1. Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú Arquivo » Conectar co servidor.
  2. Elixe tipo SSH. Cubre os datos de servidor 172.16.242.41, cartafol /homes/nome.de.usuario e cubre tamén o nome de usuario e o contrasinal. Por último, preme en Conectar.

Acceso mediante Samba/SMB/CIFS

Importante: Se non funciona o contrasinal, comproba que podes iniciar sesión neste wiki con ese mesmo contrasinal. Se podes e aínda así segue sen funcionar, debes cambiar o contrasinal (os contrasinais establecidos antes de Xullo de 2012 non serven).

Os datos de acceso son os seguintes:

  • Servidor: 172.16.242.41

Os espazos están accesibles nos seguintes directorios:

  • Directorios de usuario: nome.de.usuario
  • Directorios de proxectos: nome.de.proxecto
  • Directorio de scratch: scratch

Acceso dende Ubuntu

  1. Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú Arquivo » Conectar co servidor.
  2. Cubre o formulario co servidor 172.16.242.41 e o dominio CITIUS. Como carpeta, utiliza o teu nombre de usuario. Cubre tamén o teu nome de usuario e contrasinal.
  3. Por último pulsa en Conectar.

Acceso dende Windows 7

  1. Accede a Inicio » Equipo » Conectar a unidad de red.
  2. Cubre o formulario. En Carpeta introduce \\172.16.242.41\nome.de.usuario e pulsa en Finalizar. Introduce o contrasinal da conta do CITIUS cando cho pida.