Salas de reunións e salón de actos

Esta é unha revisión antiga do documento!


Salas de reunións

Listado de salas de reunións

Nome da sala Localización Aforo Teléfono Capacidades
Sala de reunións de dirección Pranta baixa 10 persoas 16407 Videoconferencia IP H.264/H.323/SIP con equipamento dedicado Videoconferencia Skype con micrófono grupal
Sala de reunións 1 Pranta baixa 10 persoas 16408 Videoconferencia IP H.264/H.323/SIP con equipamento dedicado
Sala de reunións 2 Primeira pranta 10 persoas 16442 Videoconferencia Skype con micrófono grupal
Sala de reunións 3 Segunda pranta 10 persoas 16472 Videoconferencia Skype con micrófono grupal
Salón de actos Primeira pranta 72 persoas - Videoconferencia IP H.264/H.323/SIP con equipamento dedicado1) Sistema de microfonía e amplificación Sistema de gravación e emisión en vivo a través de Youtube

Reserva e acceso ás salas

A reserva das salas faise mediante a Aplicación de reservas. É obrigatorio facer a reserva dunha sala antes de utilizala.

O uso da sala de reunións de dirección debe confirmarse coa dirección do centro. O uso da salón de actos debe ser aprobado pola secretaría do centro.

O acceso realízase coa tarxeta da USC no caso das salas 2 e 3. Só pode abrir estas salas o persoal do centro con contrato coa USC. A porta desbloquéase ó pasar a tarxeta e volve a bloquearse ó pasala unha segunda vez. É responsabilidade de cada investigador pechar o acceso a cada sala de reunións unha vez abandone a sala.

Conexión de portátiles á rede de datos

Podes conectar un portátil á rede de datos usando a roseta situada na mesa central. Debes usar os seguintes datos de conexión, segundo a sala na que te atopes:

Nome da sala Dirección IP Máscara de rede Porta de enlace DNS
Sala de reunións de dirección 172.16.243.170 255.255.255.0 172.16.243.1 193.144.75.9, 193.144.75.12
Sala de reunións 1 172.16.243.172
Sala de reunións 2 172.16.243.174
Sala de reunións 3 172.16.243.176
Salón de actos (mesa) 172.16.243.179, 172.16.243.181
Salón de actos (atril) 172.16.243.182

Uso do equipamento

Nos seguintes trípticos, que podes atopar tamén en cada unha das salas, tes a información básica sobre o uso do equipamento:

Videoconferencia H.264/H.323/SIP

As salas de dirección e máis a 1 contan con equipamento de videoconferencia multipunto a través de IP, con ata 8 interlocutores ó mesmo tempo.

Sala Equipo Dirección IP
Sala de dirección Polycom 193.144.76.8
Sala 1 RadVision XT1000 193.144.76.26

Videoconferencia Skype

As salas contan cunha webcam e un micrófono/altofalante grupal para poder manter reunións por Skype. (Nota: A sala de reunións 1 (pranta baixa) non ten micrófono/altofalante grupal, só ten webcam).

  • A webcam Logitech C525 (salas 2 e 3) ou Logitech C910 (salas 1 e dirección) está colocada sobre a pantalla e conectada directamente ó PC da sala.
  • O micrófono/altofalante grupal ClearOne Chat 60 está colocado na caixa de cables (excepto na sala 1 que non hai). Pode enchufarse en calquera porto USB.

Ambos elementos poden utilizarse co PC da sala ou con portátiles propios, pero ó rematar deben quedar dispostos como estaban orixinalmente.

Configuración de Skype co PC da sala

  1. Conectar o micrófono/altofalante grupal ó PC da sala a través dalgún dos portos USB da sala.
  2. Asegurarse de que a webcam está conectada tamén a algún dos portos USB da sala.
  3. No menú de son, seleccionar Preferencias de son….
  4. Na lapela Saída, seleccionar a saída HDMI/DisplayPort 2 - High Definition Audio Controller para usar os altofalantes da pantalla (mellor calidade). Tamén podes seleccionar Saída analóxica - Chat 60 se queres usar a saída do altofalante/micrófono grupal, pero pode provocar distorsións.
  5. Na lapela Entrada, seleccionar a entrada Micrófono - Chat 60.
  6. Asegurarse de que o volume do micrófono está por riba da marca Sen amplificar e por debaixo do 100%.
  7. Realizar a chamada en Skype. Segundo a versión de Skype, unha vez comezada a chamada, seleccionar outros dispositivos de entrada ou saída non terá o efecto desexado. Debe colgarse a chamada e volver a realizala para que os cambios teñan efecto.
1)
Baixo petición, emprégase o mesmo equipo da sala de reunións 1 e hai que preparalo de antemán