Salas de reunións e salón de actos
Listado de salas de reunións
Nome da sala | Localización | Aforo | Teléfono | |
---|---|---|---|---|
Sala de reunións de dirección | Planta baixa | 10 persoas | 16407 | |
Sala de reunións 1 | Planta baixa | 10 persoas | 16408 | |
Sala de reunións 2 | Primeiro andar | 10 persoas | 16442 | |
Sala de reunións 3 | Segundo andar | 10 persoas | 16472 | |
Salón de actos | Planta baixa | 72 persoas | - |
Reserva e acceso ás salas
A reserva das salas faise mediante a Aplicación de reservas. É obrigatorio facer a reserva dunha sala antes de utilizala.
As reservas da sala de reunións de dirección e do salón de actos deben ser aprobadas pola secretaría do centro. Márcanse de xeito especial na aplicación de reservas ata que son aprobadas.
O acceso realízase coa tarxeta da USC no caso das salas 1, 2 e 3. Só pode abrir estas salas o persoal do centro con contrato coa USC. A porta desbloquéase ó pasar a tarxeta e volve a bloquearse ó pasala unha segunda vez. É responsabilidade de cada investigador/a pechar o acceso a cada sala de reunións unha vez abandone a sala.
Uso do equipamento das salas
Conexión de portátiles á rede de datos cableada
Podes conectar un portátil á rede de datos cableada usando a roseta situada na mesa central. Debes usar os seguintes datos de conexión, segundo a sala na que te atopes:
Nome da sala | Dirección IP | Máscara de rede | Porta de enlace | DNS |
---|---|---|---|---|
Sala de reunións de dirección | 172.16.243.170 | 255.255.255.0 | 172.16.243.1 | 193.144.75.9, 193.144.75.12 |
Sala de reunións 1 | 172.16.243.172 | |||
Sala de reunións 2 | 172.16.243.174 | |||
Sala de reunións 3 | 172.16.243.176 | |||
Salón de actos (mesa) | 172.16.243.179, 172.16.243.181 | |||
Salón de actos (atril) | 172.16.243.182 |
Videoconferencia co equipamento das salas de reunións
As salas de reunións contan cun equipo que ten conectado unha webcam e un sistema de microfonía.
- As webcams están colocadas sobre as pantallas e están directamente colocadas aos PCs das salas.
- O sistema de microfonía está baixo a mesa e debe encenderse/apagarse co pulsador que está enriba da mesa.
Só é posible usar o sistema de microfonía e a webcam da sala co propio PC da sala.
É posible realizar videoconferencias a través de Skype, Zoom, Microsoft Teams e Google Meet. Para outras solucións, consulta primeiro.
Conexión de portátiles á pantalla das salas
As mesas das salas de reunións teñen unha conexión HDMI conectada á pantalla da sala. Para elexila, cambia a entrada co mando da TV seleccionando “HDMI MESA”.