Esta é unha revisión antiga do documento!
Consellos e recomendacións
Algúns consellos básicos a ter en conta cando se desenvolven actividades de comunicación.
- Informar á Unidade de Prensa con antelación sempre que se teña coñecemento dunha acción de comunicación prevista
- Presentarse sempre como persoal investigador do CiTIUS e non únicamente como persoal investigador da USC
- Moi especialmente, cando se difundan resultados con outras entidades, poñer sobre aviso á Unidade de Prensa para garantir que conste a mención expresa ao CiTIUS na difusión final dos resultados
- Facer uso do material de difusión do CiTIUS (roll-Ups, folletos, fondos de pantalla, etc.) que pode ser empregado para mellorar a comunicación do centro. Algún deste material pode descargarse aquí.