Esta é unha revisión antiga do documento!
Acceso aberto
Normalmente, podes publicar o preprint dun artigo antes da aceptación en repositorios xenéricos como Arxiv e no repositorio institucional Minerva. Aínda que algunhas editoriais non teñen problema con isto, si pode supoñelo noutros casos. Se tes dúbidas consulta a Unidade de Xestión do Coñecemento e Transferencia. Unha vez a publicación estea aceptada**, aínda que non se teña permiso de autopublicación, debe subirse canto antes a información existente a XiCi, para a súa publicación na web do CiTIUS: Engadir publicación. No caso que teñas preprints, e moi posible que a editorial che obrigue a actualizalos coa información do DOI e revista. Por exemplo, Arxiv permite actualizar o DOI e a referencia a revista, dun modo sinxelo, dende a conta do autor no listaxe de papers publicados.
O repositorio institucional Minerva permite o arquivado de publicacións indicando o periodo de embargo da revista. Deste modo, os artigos fanse públicos automáticamente unha vez se cumpren os periodos de embargo.
Podes comprobar os condicións de autoarquivado de revistas no seguinte portal Sherpa Romeo, un buscador e repositorio deste tipo de información.
As institucións financiadoras poden ter requisitos de difusión dos artigos (e.g. 6 meses para proxectos da U.E. e 1 ano para proxectos nacionais). Algunhas editorias permites o autoarquivado de publicacións cando as súas políticas entran en conflicto coas políticas dos organismos financiadores.