Estás aquí: start » centro » comunicacion » acceso_aberto

Acceso aberto

Esta é unha revisión antiga do documento!


É importante ofrecer a máxima difusión posible das publicacións, sempre respectando as condicións das editoriais.

Podes publicar o preprint antes da aceptación en repositorios xenéricos como Arxiv e no repositorio institucional Minerva. Algunhas editoriais non teñen problema con isto, pero pode supoñer un problema para outras. Se tes dúbidas consulta a Unidade de Xestión do Coñecemento e Transferencia.

Unha vez a publicación estea aceptada, aínda que non se teña permiso de autopublicación, debe subirse canto antes a información existente a XiCi, para a súa publicación na web do CiTIUS: Engadir publicación. No caso que teñas preprints, e moi posible que a editorial che obrigue a actualizalos coa información do DOI e revista. Por exemplo, Arxiv permite actualizar o DOI e a referencia a revista, dun modo sinxelo, dende a conta do autor no listaxe de papers publicados.

No momento en que se teña permiso para a autopublicación (consultar apartado Autopublicación para aclaracións):

Cando teña data definitiva de publicación, número de páxina ou outros datos que poidan faltar no momento da aceptación, debe actualizarse a información tamén en XiCi: As miñas publicacións

Podes comprobar os condicións de autoarquivado de revistas no seguinte portal Sherpa Romeo, un buscador e repositorio deste tipo de información.

As institucións financiadoras poden ter requisitos de difusión dos artigos (e.g. 6 meses para proxectos da U.E. e 1 ano para proxectos nacionais). Algunhas editorias permites o autoarquivado de publicacións cando as súas políticas entran en conflicto coas políticas dos organismos financiadores.