Táboa de Contidos

Publicacións

Criterios de difusión do centro para as publicacións.

Sinatura de publicacións

A forma correcta de asinar os artigos do CiTIUS é a seguinte:

Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)

Universidade de Santiago de Compostela

15782, Santiago de Compostela, SPAIN

Nesta ligazón pode atoparse a instrución de xerencia con respecto á normalización da afiliación institucional. Tamén, a seguinte imaxe amosa como aparecería esta sinatura nun artigo:

Agradecementos

A continuación apúntase un exemplo de agradecemento xenérico que inclúe referencia a un proxecto nacional, a axuda de centros de investigación e a axuda de grupos de referencia competitiva da Xunta, que pode adaptarse segundo as situacións.

This work has received financial support from the Agencia Estatal de Investigación (Spain) (REFERENCIA DEL PROYECTO / AEI / CÓDIGO AXUDA), the Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Centro de investigación de Galicia accreditation 2024-2027 ED431G-2023/04 and Reference Competitive Group accreditation 202X-202X, CÓDIGO AXUDA) and the European Union (European Regional Development Fund - ERDF)

As normativas de publicidade poden cambiar segundo a convocatoria polo que deberían chequearse as ordes para cumplir coas obrigacións de pubricidade de forma correcta. En todas as publicacións do persoal vinculado ao CiTIUS debe aparecer expresamente mencionada a axuda FEDER (para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia), xa que así nos obriga a concesión da axuda ao Centro.