Esta é unha revisión antiga do documento!
Preguntas frecuentes sobre a Wiki
Autenticación
É imprescindible a autenticación?
Sí, en canto preténdese con esta iniciativa que a wiki se converta nun espazo de colaboración entre todos os membros e colaboradores do CITIUS e quérese posibilitar o acceso desde calquera sitio.
Cál é o meu nome de usuario e contrasinal?
O nome de usuario e o contrasinal son os de Identificación CITIUS. Son os mesmos que tes que introducir na páxina páxina do CITIUS antiga.
Non teño identificación do CITIUS. Podo facer uso da wiki?
Non. Todo o persoal, investigadores e colaboradores do centro poden e deben ter unha identificación do CITIUS. Podes solicitar unha nova identificación ou un recordatorio de contrasinal enviando un correo a citius.tic@usc.es
Contido
Non podo crear ou editar páxinas. Que ocorre?
Para editar ou crear páxinas é preciso identificarse. Ademáis, non se poden crear páxinas no espazo de nomes de primeiro nivel. Os investigadores deberán facer uso do espazo de nomes inv se queren crear contido de acceso público. Tamén existen espazos de acceso privado a distintos grupos.
Que é un 'espazo' e para que serven?
Un espazo é unha forma de categorizar a wiki. No noso caso, utilízase ademáis para crear grupos de usuarios definindo permisos específicos para cada un.
Tamén existen espazos de nomes especiais como playground (eira) onde poden facerse probas, ou files que é onde deben subirse todos os arquivos dos espazos xenerais.
Poden crearse espazos para grupos de usuarios pequenos?
Sí, só tes que solicitalo mediante o formulario de incidencias do CITIUS. Os espazos terán os permisos requeridos, e serán listados na páxina de espazos privados.
Que tipos de contidos poden aloxarse nesta wiki?
Poden aloxarse todos os contidos que teñan que ver directa ou indirectamente coa actividade que os investigadores realizan no Centro, sempre e cando non sexa contraria ás leis, á normativa da Universidade e do propio Centro e teña unha función coherente no grupo para o que se publica.
Por exemplo, non teñen cabida no espazo inv páxinas para organizar reunións (sexan de traballo ou lecer) ou para enlazar resultados privados de proxectos a modo de clipboard. Para usos privados ou máis restrinxidos poden utilizarse os espazos privados xerais como inv-private ou solicitar a creación de espazos privados específicos.
Poderán subirse arquivos que servan como apoio ós artigos publicados na wiki, pero os arquivos que non sexan enlazados serán borrados de maneira periódica.
Como podo subir e enlazar arquivos?
Para subir arquivos pódese facer uso do botón da barra de ferramentas de edición. Para poder subir un arquivo debe seleccionarse o espazo files e darlle un nome recoñecible.
Só se poden subir arquivos no espazo files. Dende o 15 de Maio de 2012 é posible subir arquivos en calquera espazo. Os arquivos subidos en files seguirán permanecendo dispoñibles.
Como podo denunciar un contido ou comportamento?
Podes facelo a través do formulario de incidencias do CITIUS. Non sendo unha comunicación anónima, tentaremos na medida do posible garantir a confidencialidade dos correos recibidos.
Funcionamento
Con que software está implementada esta wiki?
A wiki está implementada utilizando Dokuwiki, cun tema visual que adapta o aspecto visual de Mediawiki e uns cantos plugins que permiten extender a funcionalidade de Dokuwiki.
Ónde podo atopar unha referencia da sintaxe?
Podes atopar unha referencia en inglés na páxina de sintaxe. Se ben non están detalladas todas as posibilidades que ofrecen os distintos plugins, hai ligazóns para ampliar a información. A mellor forma de aprender é apoiarse no uso da barra de ferramentas superior e vendo o código das outras páxinas.
Pódense usar etiquetas nas páxinas?
Sí. Pódense etiquetar as páxinas de forma que se facilite a búsqueda. Para etiquetar unha páxina, introduce o seguinte código na parte inferior da páxina:
{{tag>tag1 tag2 tag3}}
Pódense inserir fórmulas matemáticas?
Sí, a través do plugin latex da wiki pódese inserir código LaTeX directamente co que poñer fórmulas matemáticas ou gráficas.
$$ \frac{d}{dx}\left( \int_{0}^{x} f(u)\,du\right)=f(x) $$
$$ \frac{d}{dx}\left( \int_{0}^{x} f(u)\,du\right)=f(x) $$
<latex>\setlength{\unitlength}{1mm} \begin{picture}(93,46)
\put( 0,14){\vector(1,0){60}} \put(61,13){$x$} \put(20,4){\vector(0,1){37}} \put(19,43){$y$} \put(50,34){\circle*{2}} \put(52,35){$P$} \multiput(20,34)(4,0){8}{\line(1,0){2}} \put(14.5,33.5){$y_P$} \multiput(50,14)(0,4){5}{\line(0,1){2}} \put(48,11){$x_P$} \put( 2,8){\vector(3,1){56}} \put(59,26.5){$x'$} \multiput(50,34)(1.9,-5.7){2} {\line(1,-3){1.2}} \put(52,22){$x_P'$} \multiput(50,34)(-5.8,-1.933){6} {\line(-3,-1){3.6}} \put(12,21){$y_P'$} \put(22,8){\vector(-1,3){10.5}} \put(10,41){$y'$}
\end{picture}</latex>
<latex>\setlength{\unitlength}{1mm} \begin{picture}(93,46) \put( 0,14){\vector(1,0){60}} \put(61,13){$x$} \put(20,4){\vector(0,1){37}} \put(19,43){$y$} \put(50,34){\circle*{2}} \put(52,35){$P$} \multiput(20,34)(4,0){8}{\line(1,0){2}} \put(14.5,33.5){$y_P$} \multiput(50,14)(0,4){5}{\line(0,1){2}} \put(48,11){$x_P$} \put( 2,8){\vector(3,1){56}} \put(59,26.5){$x'$} \multiput(50,34)(1.9,-5.7){2} {\line(1,-3){1.2}} \put(52,22){$x_P'$} \multiput(50,34)(-5.8,-1.933){6} {\line(-3,-1){3.6}} \put(12,21){$y_P'$} \put(22,8){\vector(-1,3){10.5}} \put(10,41){$y'$} \end{picture}</latex>
Antes a wiki utilizaba outro plugin máis restrinxido que permitía renderizar fórmulas entre os tags <math></math>
, pero desaconsellamos o seu uso en novas páxinas.
Pódese inserir código HTML?
Non, non é posible inserir código HTML.
Pódense crear contido en varias columnas?
Sí, aínda que se desaconsella o seu uso por norma xeral, se se desexan crear columnas para determinados contidos poden utilizarse os seguintes tags:
<columns><newcolumn><newcolumn></columns>
Por exemplo, o código <columns>Contido columna 1<newcolumn>Contido columna 2</columns>
dará como resultado:
Contido columna 1 |
Contido columna 2 |
Pódense crear listaxes de páxinas?
Sí, mediante o uso do seguinte código:
{{alphaindex>espazo#1|nons}} ~~NOCACHE~~
Nese caso, listará as páxinas do espazo co nome espazo
a un único nivel de profundidade.
O código ~~NOCACHE~~
é imprescindible se queres que o listaxe se recargue automáticamente, o que evitará ter que volver a editar a páxina cada vez que se engadan ou se borren páxinas.
Pódense exportar os artigos a PDF?
Sí, hai dúas maneiras de facelo.
A primeira é usar o enlace Download as PDF
da marxe esquerda dunha páxina, o que efectivamente engade á URL actual o parámetro do=export_pdf
.
A segunda é mediante o uso do plugin DokuTeXit. Débese crear unha páxina co seguinte código:
<texit info> author=Autores do libro title=Título do libro </texit>
Co cal aparecerán na páxina botóns para descargar o contido en PDF e máis en LaTeX.
Pódense crear «libros» a partires da unión de varias páxinas?
Sí, mediante o uso do plugin Include pódense incluir unhas páxinas en outras. Para incluir unha páxina en outra utilízase unha sintaxe como esta:
{{page>:inv:composit}} {{page>:inv:java}}
Entón, pódese exportar a páxina en PDF segundo o explicado no apartado anterior.