Esta é unha revisión antiga do documento!
Información por Editoriais e Procedemento
A continuación apuntase o procedemento a seguir para algunhas das editoriais máis habituais. Irase actualizando o procedemento con novas editoriais a demanda dos investigadores.
Información por Editoriais
ACM
Pode consultarse a política de ACM neste enlace. Nesta FAQ pódense atopar diversas respostas acerca da publicación nas revistas de ACM. Antes do envío á revisión de ACM, os autores poden publicar un preprint do seu traballo en ArXiv.
Unha vez aceptado, ACM permite a publicación da versión aceptada dos traballos nas páxinas persoais, institucionais e en calquera repositorio que sexa obrigado por normativa legal.
ACM inclúe tamén o servizo AUTHOR-IZER que permite aos autores incluír un link nos seus webs que permite aos visitantes descargar a versión final da publicación sen custo. ACM non considera a publicación por acceso aberto previo pago. De todos os xeitos, ACM ofrece algunhas revistas abertas: Ubiquity, eLearn Magazine, etc.
ELSEVIER
A continuación sintetizamos a política xeral de Elsevier.
Con respecto aos preprints, Elsevier permite o seu uso persoal, institucional e a súa publicación en repositorios abertos. Elsevier non interpreta que un preprint depositado nun arquivo público é unha versión previa dunha publicación, polo que ao interpretarse que é unha versión independente non se producirán violacións do copyright.
Elsevier permite o uso persoal, institucional e a publicación en sitios web abertos das versións aceptadas para a publicación, sempre que non sexa con fins comerciais ou distribución sistemática. A publicación en repositorios abertos, tales como PubMed Central ou repositorios institucionais só se permite de existir acordos específicos entre o repositorio e Elsevier. Elsevier permite a publicación de versións aceptadas para a publicación en ArXiv. Unha vez publicado, débese incluír no traballo o recoñecemento que aparece ao final deste apartado.
Elsevier tamén permite o uso persoal e institucional das versións publicadas. Non permite a súa publicación na web nin en repositorios.
Elsevier conta cunha subdivisión de revistas de acceso aberto, con prezos por artigo no rango entre os 500 dólares e os 5.000 dólares, dependendo da revista.
Ademais, neste momento Elsevier facilita a publicación de artigos acceso aberto en máis de 1.600 revistas. Por exemplo, o custo de publicar un artigo de acceso aberto na revista Fuzzy Sets and Systems sitúase en 3.100 dólares.
Recoñecemento á versión publicada: “NOTICE: this is the author’s version of a work that was accepted for publication in <Journal title>. Changes resulting from the publishing process, such as peer review, editing, corrections, structural formatting, and other quality control mechanisms may not be reflected in this document. Changes may have been made to this work since it was submitted for publication. A definitive version was subsequently published in PUBLICATION, [VOL#, ISSUE#, (DATE)] DOI#ÂÂÂÂÂÂÂÂÂÂÂÂÂ
Procedemento
ACM
Temporización | Publicación | Formato |
---|---|---|
Antes do envío do traballo a revisión por ACM | Depósito do preprint en ArXiv | Technical Report CiTIUS |
Publicación do preprint na web do CiTIUS | Technical Report CiTIUS | |
Trala publicación | Borrado do preprint da web | |
Alta do link á publicación orixinal xenerado con AUTHOR-IZER | ||
Actualización de traballo en ArXiv coa versión aceptada da publicación |
Elsevier
Temporización | Publicación | Formato |
---|---|---|
Antes do envío do traballo a revisión por Elsevier | Depósito do preprint en ArXiv | Technical Report CiTIUS |
Publicación do preprint na web do CiTIUS | Technical Report CiTIUS | |
Trala publicación | Substitución do preprint pola versión aceptada do traballo, co recoñecemento a Elsevier | |
Actualización de traballo en ArXiv coa versión aceptada da publicación, co recoñecemento a Elsevier |