Esta é unha revisión antiga do documento!
Procedemento por Editoriais
A continuación apuntase o procedemento a seguir para algunhas das editoriais máis habituais. Irase actualizando o procedemento con novas editoriais a demanda dos investigadores.
ACM
Pode consultarse a política de ACM neste enlace. Nesta FAQ pódense atopar diversas respostas acerca da publicación nas revistas de ACM. Antes do envío á revisión de ACM, os autores poden publicar un preprint do seu traballo en ArXiv.
Unha vez aceptado, ACM permite a publicación da versión aceptada dos traballos nas páxinas persoais, institucionais e en calquera repositorio que sexa obrigado por normativa legal.
ACM inclúe tamén o servizo AUTHOR-IZER que permite aos autores incluír un link nos seus webs que permite aos visitantes descargar a versión final da publicación sen custo. ACM non considera a publicación por acceso aberto previo pago. De todos os xeitos, ACM ofrece algunhas revistas abertas: Ubiquity, eLearn Magazine, etc.
Proponse o seguinte procedemento para a publicación en ACM:
Temporización | Publicación | Formato |
---|---|---|
Antes do envío do traballo a revisión por ACM | Depósito do preprint en ArXiv | Technical Report CiTIUS |
Publicación do preprint na web do CiTIUS | Technical Report CiTIUS | |
Trala publicación | Borrado do preprint da web | |
Alta do link a publicación orixinal xenerado con AUTHOR-IZER | ||
Actualización de traballo en ArXiv coa versión aceptada da publicación |
ELSEVIER
A continuación sintetizamos a política xeral de Elsevier.
Con respecto aos preprints, Elsevier permite o seu uso persoal, institucional e a súa publicación en repositorios abertos. Elsevier non interpreta que un preprint depositado nun arquivo público é unha versión previa dunha publicación, polo que ao interpretarse que é unha versión independente non se producirán violacións do copyright.
Elsevier permite o uso persoal, institucional e a publicación en sitios web abertos das versións aceptadas para a publicación, sempre que non sexa con fins comerciais ou distribución sistemática. A publicación en repositorios abertos, tales como PubMed Central ou repositorios institucionais só se permite de existir acordos específicos entre o repositorio e Elsevier. Elsevier permite a publicación de versións aceptadas para a publicación en ArXiv. Unha vez publicado, débese incluír no traballo o recoñecemento que aparece ao final deste apartado.
Elsevier tamén permite o uso persoal e institucional das versións publicadas. Non permite a súa publicación na web nin en repositorios. Elsevier conta cunha subdivisión de revistas de acceso aberto, con prezos por artigo no rango entre os 500$ e os 5.000$, dependendo da revista. Ademais, neste momento Elsevier facilita a publicación de artigos acceso aberto en máis de 1.600 revistas. Por exemplo, o custo de publicar un artigo de acceso aberto na revista Fuzzy Sets and Systems sitúase en 3.100$.