Esta é unha revisión antiga do documento!
POLÍTICA DO CiTIUS SOBRE A PUBLICACIÓN DE ACCESO ABIERTO
Neste momento moitas das Editoriais nas que o CiTIUS publica habitualmente, consideran diferentes opcións para a publicación de acceso aberto, tanto na vía de auto-arquivado (publicación de versións previas e versións aceptadas de artigos) como por medio da “publicación pura” de acceso aberto previo pago (pódese consultar este enlace para obter máis información acerca das diferentes modalidades de publicación de acceso aberto).
Dende o CiTIUS nos interesa potenciar a publicación de acceso aberto pola mellora do impacto que pode ofrecer para as nosas publicacións. Non obstante, para evitar calquer tipo de conflicto ou litixio, a publicación de acceso aberto na web do Centro farase sempre dentro do marco legal establecido polas propias editoriais.
Basicamente, a postura do CiTIUS resúmese nos seguintes puntos:
- O CiTIUS seguirá estrictamente a normativa de publicación das editoriais. Isto é, si unha editorial non permite a publicación na web ou en repositorios de acceso aberto de preprints e versións aceptadas de traballo, o CiTIUS non as publicará. De igual xeito, non se publicarán traballos que non sigan a normativa de agradecementos propia de cada editorial.
- Moitas editorias permiten a publicación de versións previas ou aceptadas das publicacións. Aconséllase aos investigadores do CiTIUS a publicación por medio desta opción sempre que a editorial o permita. Pode verse en procedemento editoriais o procedemento para publicar versións previas e aceptadas de publicacións para algunhas das editorias máis habituais.
- Con respecto ao pago por publicación en revistas de acceso aberto, o CiTIUS quere manifestar a imposibilidad para acometer o financiamento deste tipo de publicacións polos seus elevados custos. Os investigadores e grupos poderán acometer este tipo de publicación, sempre que o consideren adecuado, por medio dos seus fondos.
- As políticas de publicación na web e repositorios de preprints e versións aceptadas de traballos varían co tempo. Por este motivo, requírese aos investigadores a confirmación da política de publicación cada vez que envíen unha nova publicación a revisión.
- De igual forma, para a publicación de preprints e versións aceptadas de traballos en Congresos Científicos, seguiranse as políticas dos congresos en cuestión, sendo necesaria a confirmación escrita da mesma para que os mesmos poidan ser publicados na web do CiTIUS.
- Para proxectos con financiamento europeo, será necesario seguir a normativa ao respecto, que establece a necesidade de publicar en aberto os resultados (Guidelines on Open Access to Scientific Publications and Research Data in Horizon 2020)
- A igualdade de impacto científico, recoméndase primar a publicación naquelas editoriais que permiten a publicación por medio do auto-arquivado con respecto a editoriais que non o permitan.
- Como posibilidade para a publicación en repositorios de acceso aberto, proponse ArXiv. Neste sentido, solicítase aos autores que informen a citius.idi@usc.es sobre outros repositorios que consideren adecuados, para facilitar que a información sexa compartida por todo o Centro.