Esta é unha revisión antiga do documento!
Uso de screen
Screen posibilita abrir unha terminal, sair dela e recuperala máis adiante, conectando dende o mesmo ou dende outro lugar.
Un uso moi común é:
- Lanzar unha terminal nun servidor
- Desconectarse do servidor
- Volverse a conectar ó servidor
- Recuperar a terminal anterior
Para conseguir isto, debemos executar primeiramente screen co seguinte comando:
screen -x -R
Traballa normalmente nesa terminal. Entón, en función do que queiras facer cando queiras sair, pulsa unha combinación de teclas ou outra:
- Control + A + D1): Separarte (detach) sen pechar a sesión.
- Control + D: Pechar a sesión definitivamente (equivalente a escribir o comando
exit
).
Cando queiras conectarte de novo a esa terminal, estando conectado a ese mesmo equipo, volve a escribir:
screen -x -R
Tamén podes conectarte dende varios sitios, non é preciso separarse nun lugar para conectarse dende outro (por exemplo, para traballar dende dous equipos ó mesmo tempo nunha mesma terminal).
Este é o uso básico de screen
. Por suposto, no manual (man screen
) hai información sobre todos os parámetros que pode recibir e todas as combinacións de teclas.
<video>:centro:ubuntu-12.04-citius:screencast_screen.webm</video>