Esta é unha revisión antiga do documento!
Manual da VPN para GNU/Linux xenérico (sen Network Manager)
Instalación
- Instala OpenVPN seguindo as instrucións da túa distribución. Alternativamente, podes descargar o paquete fonte e compilalo.
- Descomprimir o arquivo
zip
que podes atopar no directorio VPN Files de Nextcloud unha vez teñas o servizo activo.cd ~/Downloads unzip vpn-UDP4-1194-config.zip
Conectarse e desconectarse da VPN
- Situarse no directorio onde descomprimiches o arquivo.
cd ~/Downloads/vpn-udp-22-nome.usuario
- Executar openvpn con permisos de administrador. Dependendo da configuración do sistema, pode que precises utilizar
sudo
ousu
.sudo openvpn vpn-udp-22-nome.usuario.ovpn
su openvpn vpn-udp-22-nome.usuario.ovpn
- Para desconectarse, premer
Control+C
.