Estás aquí: start » centro » servizos » ubuntu_18.04_citius

Sistema operativo Ubuntu 18.04 CiTIUS

Esta é unha revisión antiga do documento!


Sistema operativo Ubuntu 18.04 CiTIUS

Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 18.04 modificado polos técnicos do CiTIUS.

Notificacións e comunicación entre usuarios

Para comunicar problemas, dúbidas ou facer suxestións, empregarase a canle #ubuntu1804 do Slack do CiTIUS. O sistema dispón dun applet de notificacións para novidades sobre software, actualizacións, etc.

Software dispoñible

O sistema conta con varios repositorios adicionais aos da Ubuntu 18.04, co seguinte software xa instalado por defecto:

  • Java 8 de Oracle
  • Telegram
  • Skype
  • Virtualbox 5.2
  • Xpra

Software adicional

Podes solicitar a instalación de software adicional ou axuda para instalar software adicional á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC, pero tamén podes facelo por ti mesmo se queres.

OneDrive

Podes configurar o acceso ao espazo de OneDrive da universidade de maneira sinxela executando o comando onedrive-setup e seguindo as instruccións. A configuración montará o teu directorio de OneDrive na carpeta OneDrive dentro do teu directorio home ao iniciar sesión.

Nota: O configurador onedrive-setup substituirá calquera configuración de rclone chamada OneDrive, polo que se xa estás a usar rclone recomendamos a configuración manual con rclone config.

NVIDIA CUDA

Antes de instalar a derradeira versión de CUDA, comproba que a túa gráfica sexa compatible. Se non, pode que precises instalar unha versión anterior.

Segue os pasos descritos en https://developer.nvidia.com/cuda-downloads (Elixe Linuxx86_64Ubuntu18.04deb (network)).

Recorda engadir estas liñas a o teu ~/.bashrc (só para o teu usuario) ou nun arquivo global chamado por exemplo /etc/profile.d/cuda.sh:

export PATH=/usr/local/cuda/bin${PATH:+:${PATH}}
export LD_LIBRARY_PATH=/usr/local/cuda/lib64${LD_LIBRARY_PATH:+:${LD_LIBRARY_PATH}}

Tras facer estes pasos, deberás reiniciar o sistema. Se tes problemas, pide axuda.

Matlab

Para instalar a versión R2018a, executa install-matlab_R2018a.sh nunha terminal, ou elixe a opción Instalación de Matlab 2018a no lanzador de aplicacións.

Docker

Seguir as instruccións para a instalación de docker-ce da documentación de Docker.

Adobe Reader 9

Non se recomenda utilizar Adobe Reader en Linux, xa que non está mantido dende 2012. Aínda así, se é preciso utilizalo, pódese instalar seguindo estas instrucións:

# Add Precise partner repository and install adobereader-enu
sudo add-apt-repository "deb http://archive.canonical.com/ precise partner"
sudo apt-get update
sudo apt install adobereader-enu
# Remove Precise partner repository for safety
sudo add-apt-repository -r "deb http://archive.canonical.com/ precise partner"
sudo apt update
# Install optional but recommended packages
sudo apt-get install gtk2-engines-murrine:i386 libcanberra-gtk-module:i386 libatk-adaptor:i386 libgail-common:i386

Por defecto, Adobe Reader 9 non asocia os arquivos PDF e para poder usalo debes primeiro abrir o Adobe Reader e logo abrir o arquivo desexado.

Adobe Acrobat X Pro

Seguir as instruccións de instalación de Wine 4.0:

curl https://dl.winehq.org/wine-builds/winehq.key  | sudo apt-key add -
sudo apt-add-repository 'deb https://dl.winehq.org/wine-builds/ubuntu/ bionic main' 
sudo apt install winehq-stable

Instalar winetricks para xestionar de forma sinxela os perfís de wine seguindo as instruccións da páxina de Winetricks:

sudo wget https://raw.githubusercontent.com/Winetricks/winetricks/master/src/winetricks -O /usr/local/bin/winetricks
sudo chmod +x /usr/local/bin/winetricks

Iniciar un perfil de wine para o Adobe Acrobat, para impedir que outras aplicacións de Wine interfiran e configuralo a Windows XP (evita problemas de suavizado de fontes):

winetricks arch=32 prefix=acrobat
WINEPREFIX=~/.local/share/wineprefixes/acrobat winetricks winxp

Descargar o Acrobar X Pro. Descomprimir e iniciar a instalación:

download-acrobatXpro.sh # script que debería estar no PATH
tar xv acrobatxpro-spanish.tar
cd acrobatxpro-spanish
WINEPREFIX=~/.local/share/wineprefixes/acrobat wine Setup.exe

A instalación dura uns segundos e non xenera ningunha ventá. Tras uns 10-30 segundos remata a instalación e pode atoparse o Adobe Acrobat X Pro no menú de aplicacións.

Problemas coñecidos