Esta é unha revisión antiga do documento!
Sistema operativo Ubuntu 18.04 CiTIUS
Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 18.04 modificado polos técnicos do CiTIUS.
Notificacións e comunicación entre usuarios
Para comunicar problemas, dúbidas ou facer suxestións, empregarase a canle #ubuntu1804
do Slack do CiTIUS. O sistema dispón dun applet de notificacións para novidades sobre software, actualizacións, etc.
Software dispoñible
O sistema conta con varios repositorios adicionais aos da Ubuntu 18.04, co seguinte software xa instalado por defecto:
- Java 8 de Oracle
- Telegram
- Skype
- Virtualbox 5.2
- Xpra
Software adicional
Podes solicitar a instalación de software adicional ou axuda para instalar software adicional á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC, pero tamén podes facelo por ti mesmo se queres.
OneDrive
Podes configurar o acceso ao espazo de OneDrive da universidade de maneira sinxela executando o comando onedrive-setup
e seguindo as instruccións. A configuración montará o teu directorio de OneDrive na carpeta OneDrive dentro do teu directorio home ao iniciar sesión.
Nota: O configurador onedrive-setup
substituirá calquera configuración de rclone
chamada OneDrive, polo que se xa estás a usar rclone
recomendamos a configuración manual con rclone config
.
NVIDIA CUDA
Antes de instalar a derradeira versión de CUDA, comproba que a túa gráfica sexa compatible. Se non, pode que precises instalar unha versión anterior.
Segue os pasos descritos en https://developer.nvidia.com/cuda-downloads (Elixe Linux → x86_64 → Ubuntu → 18.04 → deb (network)).
Recorda engadir estas liñas a o teu ~/.bashrc
(só para o teu usuario) ou nun arquivo global chamado por exemplo /etc/profile.d/cuda.sh
:
export PATH=/usr/local/cuda/bin${PATH:+:${PATH}} export LD_LIBRARY_PATH=/usr/local/cuda/lib64${LD_LIBRARY_PATH:+:${LD_LIBRARY_PATH}}
Tras facer estes pasos, deberás reiniciar o sistema. Se tes problemas, pide axuda.
Matlab
Para instalar a versión R2018a, executa install-matlab_R2018a.sh
nunha terminal, ou elixe a opción Instalación de Matlab 2018a
no lanzador de aplicacións.
Docker
Seguir as instruccións para a instalación de docker-ce da documentación de Docker.
Adobe Reader 9
Non se recomenda utilizar Adobe Reader en Linux, xa que non está mantido dende 2012. Aínda así, se é preciso utilizalo, pódese instalar seguindo estas instrucións:
# Add Precise partner repository and install adobereader-enu sudo add-apt-repository "deb http://archive.canonical.com/ precise partner" sudo apt-get update sudo apt install adobereader-enu # Remove Precise partner repository for safety sudo add-apt-repository -r "deb http://archive.canonical.com/ precise partner" sudo apt update # Install optional but recommended packages sudo apt-get install gtk2-engines-murrine:i386 libcanberra-gtk-module:i386 libatk-adaptor:i386 libgail-common:i386
Por defecto, Adobe Reader 9 non asocia os arquivos PDF e para poder usalo debes primeiro abrir o Adobe Reader e logo abrir o arquivo desexado.