Esta é unha revisión antiga do documento!
Sistema operativo Ubuntu 16.04 CITIUS
Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 16.04 modificado polo CITIUS. Polo de agora, atópase en fase de probas.
Notificacións e comunicación entre usuarios
Para comunicar problemas, dúbidas ou facer suxestións, empregarase a canle #ubuntu1604
do Slack do CiTIUS. O sistema dispón dun applet de notificacións para novidades sobre software, actualizacións, etc.
Software dispoñible
O sistema conta con varios repositorios adicionais aos da Ubuntu 16.04, co seguinte software xa instalado por defecto:
- Java 8 de Oracle
- Telegram, Scudcloud (Slack)
- Dropbox
- Skype 4.3
- Virtualbox 5.1
Ademáis, conta cos seguintes repositorios engadidos, sen instalar o software por defecto:
- R (engadido o 19-04-2017)
- Docker (engadido o 01-05-2017)
Software adicional
Podes solicitar a instalación de software adicional ou axuda para instalar software adicional á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC, pero tamén podes facelo por ti mesmo se queres.
NVIDIA CUDA 8.0
Antes de instalar CUDA 8.0, comproba que a túa gráfica sexa compatible. Se non, pode que precises instalar unha versión anterior.
Segue os pasos descritos en https://developer.nvidia.com/cuda-downloads (Elixe Linux → x86_64 → Ubuntu → 16.04 → deb (network)).
Recorda engadir estas liñas a o teu ~/.bashrc
(só para o teu usuario) ou nun arquivo global chamado por exemplo /etc/profile.d/cuda.sh
:
export PATH=/usr/local/cuda-8.0/bin${PATH:+:${PATH}} export LD_LIBRARY_PATH=/usr/local/cuda-8.0/lib64${LD_LIBRARY_PATH:+:${LD_LIBRARY_PATH}}
Tras facer estes pasos, deberás reiniciar o sistema. Se tes problemas, pide axuda.
Matlab
Para instalar a versión R2012a, executa install-matlab_R2012a.sh
nunha terminal, ou elixe a opción Instalación de Matlab 2012a
no lanzador de aplicacións.
A versión de 2017 aínda non se pode instalar, pero poderase proximamente.
Maple
Para instalar a versión 17, executa install-maple17.sh
nun terminal, ou elixe a opción Instalación de Maple 17
no lanzador de aplicacións.
Docker
O repositorio oficial xa está engadido, polo que só resta instalar o paquete docker-ce
.
sudo apt install docker-ce docker-compose
Problemas coñecidos
Problema: Non funciona o Wake on Lan
Se instalaches o escritorio MATE mediante ubuntu-mate-desktop
, este inclúe tlp
, un xestor de enerxía avanzado para portátiles que, entre otras cousas, deshabilita Wake on Lan. Podes eliminar tlp
ou alternativamente configurar /etc/default/tlp
establecendo WOL_DISABLE=N
.