Estás aquí: start » centro » servizos » ubuntu_16.04_citius

Sistema operativo Ubuntu 16.04 CiTIUS

Esta é unha revisión antiga do documento!


Sistema operativo Ubuntu 16.04 CITIUS

Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 16.04 modificado polo CITIUS. Polo de agora, atópase en fase de probas.

Polo de agora, atópase en fase de probas cun grupo reducido de usuarios.

Notificacións e comunicación entre usuarios

Para comunicar problemas, dúbidas ou facer suxestións, empregarase a canle #ubuntu1604 do Slack do CiTIUS. O sistema dispón dun applet de notificacións para novidades sobre software, actualizacións, etc.

Software dispoñible

O sistema conta con varios repositorios adicionais aos da Ubuntu 16.04, co seguinte software xa instalado por defecto:

  • Java 8 de Oracle
  • Telegram, Scudcloud (Slack)
  • Dropbox
  • Skype 4.3
  • Virtualbox 5.1

Ademáis, conta cos seguintes repositorios engadidos, sen instalar o software por defecto:

  • R (engadido o 19-04-2017)
  • Docker (engadido o 01-05-2017)

Software adicional

Podes solicitar a instalación de software adicional ou axuda para instalar software adicional á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC, pero tamén podes facelo por ti mesmo se queres.

NVIDIA CUDA 8.0

Antes de instalar CUDA 8.0, comproba que a túa gráfica sexa compatible. Se non, pode que precises instalar unha versión anterior.

Segue os pasos descritos en https://developer.nvidia.com/cuda-downloads (Elixe Linuxx86_64Ubuntu16.04deb (network)).

Tras facer estes pasos, deberás reiniciar o sistema. Se tes problemas, pide axuda.

Matlab

Para instalar a versión R2012a, executa install-matlab_R2012a.sh nunha terminal, ou elixe a opción Instalación de Matlab 2012a no lanzador de aplicacións.

A versión de 2017 aínda non se pode instalar, pero poderase proximamente.

Maple

Para instalar a versión 17, executa install-maple17.sh nun terminal, ou elixe a opción Instalación de Maple 17 no lanzador de aplicacións.

Docker

O repositorio oficial xa está engadido, polo que só resta instalar o paquete docker-ce.

sudo apt install docker-ce docker-compose