Esta é unha revisión antiga do documento!
Sistema operativo Ubuntu 14.04 CITIUS
Instalación, mantemento e soporte técnico dun sistema operativo Ubuntu 14.04 modificado polo CITIUS.
Pode solicitarse a instalación do sistema en calquera equipo conectado á rede de datos do centro a través do formulario de incidencias.
Cómo instalar software adicional
Matlab e Maple
Matlab e Maple teñen un instalador propio. Para instalalos, basta con buscar “Instalación de Matlab” ou “Instalación de Maple” no menú de programas. Ou, alternativamente, executar un dos seguintes comandos: install-matlab_R2012a.sh
, install-matlab_R2011a.sh
, install-maple16.sh
, install-maple17.sh
.
Software dispoñible en repositorios
Primeiro, busca se o software que desexas está en repositorios. A forma máis fiable é mediante liña de comandos:
apt-cache search programa
Aparecerá unha lista de paquetes cunha descrición corta. Se desexas unha descripción máis detallada dalgún dos paquetes, podes escribir:
apt-cache show nome-do-paquete
Para instalar un paquete, debes utilizar o seguinte comando:
aptdcon -i nome-do-paquete
Se desexas instalar varios paquetes a un tempo, debes entrecomillalos:
aptdcon -i "nome-dun-paquete nome-doutro-paquete"
Outras opcións interesantes de aptdcon son:
-c
: Actualiza a caché de paquetes dispoñibles-u nome-do-paquete
: Actualiza un paquete--safe-upgrade
: Actualiza todos os paquetes que se poden actualizar-r nome-do-paquete
: Elimina un paquete
Outro software
Se un software non está nos repositorios, pero xa se atopa nalgún repositorio compatible, ben nos propios repositios de Ubuntu ou nalgún repositorio de terceiros, podemos engadilo ós nosos repositorios para que estean dispoñibles para todo o mundo. Nese caso, avísanos mediante o formulario de incidencias.
Tamén podes compilar e instalar dende código fonte os programas ti mesmo, sempre e cando poñas como prefix un directorio no que poidas escribir, coma en /home/local/nome.de.usuario
. Normalmente, os programas permiten configurar un prefix de instalación personalizado. Consulta a documentación do programa.
Preguntas frecuentes
Quero actualizar a Ubuntu 12.04 á versión 14.04
Avisa no formulario de incidencias. Indica a hora e día no que desexas que se faga a actualización. Non perderás nada do home (nin local nin remoto), pero sí perderás as personalizacións específicas que poida haber no teu equipo na partición de sistema, e máis as tarefas de cron se as tiveras.
Establecer o idioma da sesión
En Ubuntu 14.04 pódese establecer o idioma da sesión dende a ferramenta de «Soporte de idiomas». Podes atopala no menú Ubuntu. Para establecer un idioma por defecto, arrastra e solta o idioma na listaxe de idiomas instalados. Só están dispoñibles galego, castelán e inglés e non é posible instalar novos idiomas.
Tamén se pode establecer o formato de datas e números na pestaña «Opcións rexionais» desa mesma ferramenta.
Empathy non soporta as contas de XMPP/Jabber
Debes instalar o paquete account-plugin-jabber
mediante o comando aptdcon -i account-plugin-jabber
.
Podo usar outros entornos ademáis de Unity?
Sí, podes instalar máis entornos a través do Centro de Software de Ubuntu ou con aptdcon. Están dispoñibles os seguintes entornos:
- GNOME Clásico
- Instala o paquete
gnome-session-flashback
.
- KDE
- Instala o paquete
escritorio-kde-minimo
se só desexas un escritorio moi básico. - Instala o paquete
escritorio-kde-basico
se ademáis queres aplicacións básicas de KDE. - Instala o paquete
escritorio-kde-completo
se ademáis queres instalar todas as aplicacións de KDE dispoñibles (coidado, instala moitas aplicacións).
- LXDE
- Instala o paquete
lxde
- I3-WM
- Instala os paquetes
i3-wm
,i3status
esuckless-tools
.
- XFCE
- Instala os paquetes
xfce4-session
,xfce4-panel
,shimmer-themes
e opcionalmentexfce4-goodies
. - Se desexas una experiencia máis completa, debes instalar
xfce4-whiskermenu-plugin
,xfce4-indicator-plugin
egtk-theme-config
.
Como podo instalar paquetes de LaTeX adicionais?
Podes instalar calquera paquete de TeXLive dispoñible en CTAN no teu directorio de usuario. Primeiro debes instalar xzdec
:
aptdcon -i xzdec
A primeira vez, debes inicializar os directorios de TeXLive no teu usuario:
tlmgr init-usertree
Entón, instala os paquetes desexados. Por exemplo, para instalar pgfgantt:
tlmgr install pgfgantt
Non funciona Flash en Firefox, ou aparece un aviso de seguridade
Primeiro, intenta actualizar manualmente o Flash. Abre unha terminal e pon os seguintes comandos:
aptdcon -c aptdcon -u flashplugin-installer
Se o problema persiste, é posible que o repositorio estea desactualizado. Ás veces Firefox marca o plugin de Flash coma inseguro e non hai unha alternativa actualizada, e debes esperar uns días a que apareza. Se despois duns días todo segue igual, avisa por se houbera algún outro problema.
Prefiro as barras de desplazamento tradicionais, ¿podo recuperalas?
Esas barras de desplazamento chámanse Overlay Scrollbars. Para cambialas polas tradicionais basta con eliminar o paquete overlay-scrollbar
. Se máis adiante queres volver a usalas, podes volver a instalar o paquete.
aptdcon -r overlay-scrollbars
Problemas imprimindo documentos PDF
Algúns documentos, tras ser procesados polo lector de documentos evince, non se imprimen correctamente ou deixan a impresora atascada. Unha alternativa é utilizar o comando lp
, que envía os documentos á impresora sen procesar. Se non lle pasas opcións, por defecto lp envía o documento á impresora da da túa planta e non imprime a doble cara.
lp -o sides=two-sided-long-edge archivo.pdf # imprime a doble cara lp -P 12,15,17-20 archivo.pdf # imprime solamente páxinas 12,15 e 17 a 20 lp -o number-up=4 -o fit-to-page -o number-up-layout=rltb archivo.pdf # imprime 4 páxinas por folla, de arriba a abaixo e de esquerda a dereita, escalando para ocupar o máximo posible lp -d ctprints1 archivo.pdf # Imprime na impresora do semisótano lpstat -a # ver a lista de impresoras dispoñibles
Unity queda atascado, ¿como podo recuperar o sistema sen reiniciar?
En algunhas configuracións, especialmente con pouca memoria de vídeo, Unity (o entorno de ventanas) pode chegar a deixar de responder. Se iso ocorre, basta con tentar executar o comando unity-reload
. Podes tentar facelo pulsando Alt+F2
. Se non funciona, sal a unha terminal pulsando Control+Alt+F1
, fai login e executa o comando dende ahí. Unha vez executado, volve á sesión con Alt+F7
.
Instalar paquetes de Ruby, Python e R no directorio home
Ruby
O comando é o seguinte:
gem install --user-install nome_paquete
Antes de facelo por vez primeira, precisas instalar ruby1.9.1-dev
:
aptdcon -i ruby1.9.1-dev
Ó instalar a primeira xema recibirás un warning porque debes engadir un directorio ó PATH. Esto só debes facelo a primeira vez. Por exemplo:
WARNING: You don't have /home/remoto/jorge.suarez/.gem/ruby/1.9.1/bin in your PATH, gem executables will not run.
Só tes que poñelo no teu arquivo bashrc
con este comando:
echo "export PATH=~/.gem/ruby/1.9.1/bin:$PATH" >> ~/.bashrc
Para que teña efecto na sesión actual, executa o comando entre comiñas, ou executa bash
para entrar nunha nova shell, ou volver a entrar na sesión.
Python
A opción recomendada é instalar a distribución Anaconda. Esta distribución instálase nun directorio do usuario e permite ter varias instalacións con diferentes paquetes e distintas versións de cada paquete. No subdirectorio bin
podes atopar todos os executables típicos de python, así coma o xestor de paquetes conda
, que é máis robusto e sinxelo de usar ca pip
.
Se non desexas utilizar Anaconda, podes instalar paquetes no home co seguinte comando:
pip install --install-option="--user" nome_paquete
Antes de facelo por vez primeira, precisas instalar python-dev
:
aptdcon -i python-dev
R
Antes de nada, crea un directorio no teu home chamado R
:
mkdir ~/R
Lanza R, e dentro executa o comando de instalación de paquetes:
R install.packages("nome_paquete")
Ó facelo preguntarache se queres facelo en ~/R
ó non poder escribir en /usr/local/lib/R
. Contesta y
. O directorio engadirase ó path de bibliotecas e poderás cargalas con normalidade.
Al desbloquear la pantalla después de suspender, solicita dos veces la contraseña
Esto ocurre en el escritorio por defecto (Ubuntu) al heredar la configuración desde Ubuntu 12.04. Para solucioanrlo, basta con ejecutar este comando en una terminal:
dconf reset -f /org/compiz/
Tras cerrar sesión y volver a iniciarla, el problema debería desaparecer. Tan solo se perderán algunas configuraciones avanzadas del escritorio que es muy poco probable que hayas tocado.
Ó iniciar sesión o teclado cambia a inglés automaticamente
Esto é culpa de ibus
. Podes desactivar ibus se non vas a usalo (se non sabes o que é, non o estás a usar). Para facelo, vai a Preferencias » Soporte de idiomas e no desplegable de método de entrada elixe Ningún.
Se precisas ibus
, podes solucionar este problema editando a configuración de ibus como explica aquí.
A firma de actas da USC non funciona
Para que a firma de actas da USC funcione, debes utilizar Firefox, e ter instalado e funcionando Java 8 de Oracle:
aptdcon -i oracle-java8-installer
En Firefox, vai a Ferramentas » Complementos, e na sección Plugins, comproba que teñas activado o Java(TM) Plug-in 11.72.2 ou superior e que teñas desactivado calquera outro complemento de java, incluíndo o Icedtea.
Abre o Oracle Java 8 Plugin Control panel executando o comando
ControlPanel
na terminal e realiza os seguintes pasos:
- Borra os arquivos temporais, na primeira pestaña, botón Preferencias e logo no novo diálogo, Borrar arquivos….
- Engade os seguintes sitios á lista de excepcións na pestaña de Seguridade:
- https://aplicacions.usc.es/
- https://sec-virtual.usc.es/
- https://*.usc.es/
Despois destes pasos, accede á firma de actas. O applet de proba non funciona, pero o applet de firma real si debería funcionar correctamente.