Esta é unha revisión antiga do documento!
Repositorios GIT e integración continua
Descrición do servizo
Servidor de GitLab, unha ferramenta que permite xestionar repositorios GIT de forma sinxela, moi similar a GitHub.
O servizo tamén conta cun servidor de GitLab CI (integración continua). Polo de agora, conta cun servidor de compilación con 4GB de RAM, capaz de compilar programas escritos en C++ e Java.
Alta no servizo
Todos os usuarios do CITIUS poden acceder a este servizo de forma automática.
Manual de usuario
Acceso a GitLab e primeiros pasos
Pódese acceder por https://gitlab.citius.usc.es/. Deberás utilizar o teu usuario e contrasinal do CiTIUS, na pestaña que pon LDAP.
Unha vez dentro, podes crear novos proxectos de forma sinxela. Unha vez creado un proxecto, mostraranse por pantalla os pasos necesarios para inicializar o repositorio.
Recorda que se elixes acceso mediante SSH (a opción por defecto), só poderás facelo dende a rede do centro ou conectado á VPN, e que deberás engadir unha chave pública nas preferencias. Engadir unha chave pública é moi doado, e o propio Gitlab explica como facelo. É a opción recomendada se vas a traballar dende a rede do centro.
O acceso mediante HTTPS, pola contra, funciona con usuario e contrasinal, e tamén é accesible dende o exterior.
Acceso a GitLab CI e primeiros pasos
Pódese acceder por https://gitlab-ci.citius.usc.es/ e o login faise conectándose a Gitlab mediante Oauth2. Só hai que premer un botón.
Para utilizar GitLab CI tes que ter o teu proxecto dispoñible en GitLab (pode ser privado). Unha vez esté dispoñible alí, podes pulsar no botón Add correspondente en GitLab CI. Unha vez o fagas, xa aparecerán instrucións sobre como proceder.
En Settings, no cadro Build steps, debes poñer os pasos necesarios para compilar e lanzar as probas, se as tiveras. Para probar que todo funciona correctamente, podes ir ó proxecto en GitLab a Settings » Services » Gitlab CI e pulsar en Test settings para forzar unha pasada de proba.
Se algún paso falla porque precisas bibliotecas, compiladores, etc. non presentes no servidor, podes avisar a través do formulario de envío de incidencias.
Creación de proxectos en grupos
Os proxectos de GitLab poden crearse dentro dun usuario ou dentro dun grupo. Se o proxecto vai a ser en colaboración con outras persoas, ou é susceptible de ser traspasado a outra persoa unha vez remates o traballo nel, é preferible que cres o proxecto dentro dun grupo. Para facelo, pulsa no botón Create a group dentro da páxina de New project.
Problemas e preguntas frecuentes
Ó facer un push, recibo o seguinte erro: "error: RPC failed; result=22, HTTP code = 411"
Se recibes o HTTP code = 411
, precisas configurar o comando git para aumentar o tamaño do buffer HTTP:
git config --global http.postBuffer 524288000 # permite ata 500MB
Se recibes o HTTP code = 413
, é porque o push é demasiado grande. O servidor acepta push de ata 70MB por HTTP e calquera push maior dará ese erro. Se precisas facer pushes maiores, tes que usar SSH cun par de chaves en vez de HTTP.