Esta é unha revisión antiga do documento!
Escritorio remoto
Descrición do servizo
Servizo de escritorio remoto para a Ubuntu CITIUS. Este servizo ten a vantaxe de que pode ser lanzado en calquera momento incluso mediante conexións SSH á máquina, e sen ter iniciado sesión gráfica previamente.
Manual de usuario
Para activar o escritorio remoto, abre un terminal ou conéctate por ssh á máquina, e escribe o comando escritorio-remoto
. Verás o seguinte por pantalla:
$ escritorio-remoto VNC Server started on DISPLAY :0, TCP port 5900. You may connect now to 172.16.xxx.yyy:5900 with any VNC client. The session will expire after 60 seconds.
A partires dese momento, xa podes conectar á IP e porto indicados con calquera cliente de VNC, coma por exemplo Remmina. Unha vez conectado, verás pola consola o seguinte e recuperarás o control do terminal:
Incoming connection from 172.16.xxx.yyy. For security reasons, the server won't listen for incoming connections anymore. If you want to connect later, run «escritorio-remoto» again. Go to http://wiki.citius.usc.es/centro:servizos:escritorio-remoto for details.
Tal e como comenta, o servidor só escoita pola primeira conexión, e se queres volver a conectar deberás volver a lanzalo. Como o servidor funciona sen contrasinal, a operación normal será: conectarse por ssh, executar escritorio-remoto
e despois conectarse inmediatamente cun cliente de VNC.
Ten en conta que o primeiro que se conecte unha vez lanzado o servidor terá o control da máquina. Se non está a tua sesión gráfica aberta, non hai problema porque a conexión leva á pantalla de login. Se está a tua sesión gráfica aberta, sempre podes cortar as conexións en curso matando o proceso x11vnc
, por exemplo co comando killall x11vnc
.
Despois de 60 segundos sen ningunha conexión, o servidor de VNC rematará e deberás volver a lanzalo.