Estás aquí: start » centro » servizos » escritorio-remoto

centro:servizos:escritorio-remoto

Esta é unha revisión antiga do documento!


Escritorio remoto

Descrición do servizo

Servizo de escritorio remoto para a Ubuntu CITIUS 12.04. Este servizo ten a vantaxe de que pode ser lanzado en calquera momento incluso mediante conexións SSH á máquina, e sen haber iniciado sesión gráfica previamente.

Este servizó só está dispoñible nas Ubuntu CITIUS 12.04 coa actualización da sincronización do home remoto. As versións anteriores non o teñen dispoñible.

Manual de usuario

Para activar o escritorio remoto, abre unha terminal ou conéctate por ssh á máquina, e escribe o comando escritorio-remoto. Verás o seguinte por pantalla:

$ escritorio-remoto 
VNC Server started on DISPLAY :0, TCP port 5900.
You may connect now to 172.16.xxx.yyy:5900 with any VNC client.
The session will expire after 60 seconds.

A partires dese momento, xa podes conectar á IP e porto indicados con calquera cliente de VNC, coma por exemplo Remmina. Unha vez conectado, verás pola consola o seguinte e recuperarás o control da terminal:

Incoming connection from 172.16.xxx.yyy.
For security reasons, the server won't listen for incoming connections anymore.
If you want to connect later, run «escritorio-remoto» again. Go to
http://wiki.citius.usc.es/centro:servizos:escritorio-remoto for details.

Tal e como comenta, o servidor só escoita pola primeira conexión, e se queres volver a conectar deberás volver a lanzalo. Como o servidor funciona sen contrasinal, a operación normal será: conectarse por ssh, executar escritorio-remoto e despois conectarse inmediatamente cun cliente de VNC.

Ten en conta que o primeiro que se conecte unha vez lanzado o servidor terá o control da máquina. Se non está a tua sesión gráfica aberta, non hai problema porque a conexión leva á pantalla de login. Se está a tua sesión gráfica aberta, sempre podes cortar as conexións en curso matando o proceso x11vnc, por exemplo co comando killall x11vnc.

Despois de 60 segundos sen ningunha conexión, o servidor de VNC rematará e deberás volver a lanzalo.