Esta é unha revisión antiga do documento!
Compartición de arquivos grandes por web
Descrición do servizo
Almacenamento de arquivos para compartir a través da web con persoal do centro ou con colaboradores externos.
A ferramenta permite a usuarios do centro subir arquivos de ata 200MB de tamaño durante un tempo indefinido, ou ata 2GB por un período máximo de 30 días.
Outras persoas poden descargar o arquivo usando unha dirección web que se obtén no momento de subir o arquivo. Os arquivos poden protexerse cun captcha (recomendado) e con contrasinal.
Alta no servizo
A alta no servizo é automática para todos os usuarios do centro. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.