Estás aquí: start » centro » procedementos » premios

Difusión de premios

Esta é unha revisión antiga do documento!


Difusión de premios

Establécese o seguinte procedemento para mellorar a difusión dos premios e recoñecementos recibidos pola traxectoria científica ou tecnolóxica do Centro.

Política

Contémplanse os seguintes casos:

  • Premios concedidos por sociedades científicas e tecnolóxicas.
  • Best Papers en congresos.
  • Premios de Fundacións ou outros organismos nacionais ou internacionais.

Poderán considerarse tamén outras situacións de especial relevancia non contempladas aquí.

Procedemento

Os investigadores receptores dun premio deberán poñerse en contacto tan pronto como teñan coñecemento coa Unidade de Comunicación e Prensa (comunicacion.campusvida@usc.es).

No caso de situacións non contempladas, a Unidade de Innovación e a Unidade de Comunicación e Prensa decidirán se é elexible. En caso contrario, non se fará difusión.

A Unidade de Comunicación e Prensa fará difusión en redes sociais e publicará unha entrada na sección de novidades da web.

Adicionalmente, a Unidade de Comunicación e Prensa poderá difundir premios de maior impacto nos medios de comunicación mediante a publicación dunha nota na prensa.