Esta é unha revisión antiga do documento!
Difusión de Premios
Establecese o seguinte procedemento para mellorar a difusión dos premios e recoñecementos recibidos pola traxectoria científica ou tecnolóxica do Centro.
Política
Teranse en consideración os premios de especial relevancia. Contémplanse os seguintes casos:
- Premios concedidos por sociedades científicas e tecnolóxicas.
- Best Papers en congresos, no caso de cumprirse os criterios especificados no procedemento de difusión de publicacións de alto impacto.
- Premios de Fundacións ou outros organismos nacionais ou internacionais.
Poderán considerarse tamén outras situacións de especial relevancia non contempladas aquí.
Procedemento
Os investigadores receptores dun premio deberán poñerse en contacto tan pronto como teñan coñecemento coa Unidade de Prensa (comunicacion.campusvida@usc.es).
No caso de situacións non contempladas, a Unidade de Innovación decidirá se é elexible. En caso contrario, non se fará difusión.
A Unidade de Prensa fará difusión en redes sociais e publicará unha entrada na sección de novidades da web.
Adicionalmente, a Unidade de Prensa poderá difundir premios de maior impacto nos medios de comunicación mediante a publicación dunha nota na prensa.