Esta é unha revisión antiga do documento!
Difusión de Premios
Establecese o seguinte procedemento para mellorar a difusión dos premios e recoñecementos recibidos pola traxectoria científica ou tecnolóxica do Centro.
Política
Todos os premios ou recoñecementos publicaranse nas redes sociais acompañados cunha reseña na web do Centro.
No caso de Premios de especial relevancia, prepararase unha nota de prensa nas seguintes situacións:
- Premios outorgados por sociedades científicas e tecnolóxicas.
- Best Paper en Congresos: no caso de cumprirse os criterios especificados en Difusión de publicacións de alto impacto en redes sociais e na web do Centro.
- Premios de Fundacións ou outros organismos nacionais ou internacionais
- Outras situacións de especial relevancia
Procedemento
Os receptores do premio deberán comunicar tan pronto como coñezan a recepción do galardón toda a información dispoñible á Unidade de Comunicación e Prensa (comunicacion.campusvida@usc.es).