Esta é unha revisión antiga do documento!
Difusión da participación en congresos, eventos e xornadas de difusión
Establécese o seguinte procedemento para mellorar a difusión en redes sociais da participación en congresos, eventos para o fomento da cooperación e xornadas de divulgación.
Política
Incluirase a participación en congresos e eventos segundo os seguintes criterios:
- En congresos CORE A ou superior, GRIN A+ ou superior, SJR 1º cuartil.
- En eventos para o fomento da cooperación1), no caso de que sexan eventos a nivel nacional ou internacional. Tamén poden considerarse eventos autonómicos de especial relevancia.
- En xornadas de difusión2), en todas aquelas nas que participen os investigadores do CiTIUS.
Procedemento
Os investigadores que participen nun evento deberán comunicar, cun mínimo dunha semana de antelación, a intención de participar no evento a comunicacion.campusvida@usc.es para que a Unidade de Comunicación e Prensa poida axendar a previsión de difusión.
O día do evento, os investigadores enviarán á Unidade de Comunicación e Prensa, segundo a canle acordada, fotografías e demais material que poida facilitar a difusión. As fotografías mostrarán preferentemente aos investigadores, a súa participación no evento, e elementos distintivos coma carteis ou edificios onde se celebren os eventos.
A Unidade de Comunicación e Prensa difundirá a participación nas redes sociais.