Difusión da participación en congresos, eventos e xornadas de divulgación

Esta é unha revisión antiga do documento!


Difusión da participación en congresos, eventos e xornadas de difusión

Establécese o seguinte procedemento para mellorar a difusión en redes sociais da participación en congresos, eventos para o fomento da cooperación e xornadas de difusión.

Política

Incluirase a participación en congresos e eventos segundo os seguintes criterios:

  • En congresos CORE A ou superior, GRIN A+ ou superior, SJR 1º cuartil.
  • En eventos para o fomento da cooperación1), no caso de que sexan eventos a nivel nacional ou internacional. Tamén poden considerarse eventos autonómicos de especial relevancia.
  • En xornadas de difusión2), en todas aquelas nas que participen os investigadores do CiTIUS.

Procedemento

Os investigadores que participen nun evento deberán comunicar, cun mínimo dunha semana de antelación, a intención de participar no evento a comunicacion.campusvida@usc.es para que a Unidade de Comunicación e Prensa poida axendar a previsión de difusión.

O día do evento, os investigadores enviarán á Unidade de Comunicación e Prensa, segundo a canle acordada, fotografías e demais material que poida facilitar a difusión. As fotografías mostrarán preferentemente aos investigadores, a súa participación no evento, e elementos distintivos coma carteis ou edificios onde se celebren os eventos.

A Unidade de Comunicación e Prensa difundirá a participación nas redes sociais.

1)
como por exemplo, reunións de plataformas tecnolóxicas, sociedades científicas, redes científicas, eventos de promoción da transferencia, do emprendemento, etc.
2)
como por exemplo, difusión ante escolares, Pint of Science, Data Beers, etc.