Esta é unha revisión antiga do documento!
Difusión da participación en congresos, eventos e xornadas de difusión
Establécese o seguinte procedemento para mellorar a difusión en redes sociais da participación en congresos, eventos para o fomento da cooperación e xornadas de difusión.
Política
Incluirase a participación en congresos e eventos segundo os seguintes criterios:
- En congresos CORE A ou superior, GRIN A+ ou superior, SJR 1º cuartil.
- En eventos para o fomento da cooperación1), no caso de que sexan eventos a nivel nacional ou internacional. Tamén poden considerarse eventos autonómicos de especial relevancia.
- En xornadas de difusión ((como por exemplo, difusión ante escolares, Pint of Science, Data Beers, etc.), en todas aquelas nas que participen os investigadores do CiTIUS.
Procedemento
Os investigadores que participen nun evento deberán comunicar, cun mínimo dunha semana de antelación, a intención de participar no evento a comunicacion.campusvida@usc.es para que a Unidade de Prensa poida axendar a previsión de difusión.
En caso de ser un evento autonómico ou un congreso que non cumpra os requisitos de rankings CORE e GRIN, a Unidade de Innovación decidirá se é elixible. En caso contrario, non se fará difusión.
O día do evento, os investigadores enviarán á Unidade de Comunicación e Prensa, segundo a canle acordada, fotografías e demais material que poida facilitar a difusión. As fotografías mostrarán preferentemente aos investigadores, a súa participación no evento, e elementos distintivos coma carteis ou edificios onde se celebren os eventos.
Nese mesmo día, a Unidade de Prensa difundirá a participación nas redes sociais.