Difusión da participación en congresos, eventos e xornadas de divulgación

Esta é unha revisión antiga do documento!


Difusión da participación en eventos, congresos e xornadas de difusión

Establécese o seguinte procedemento para mellorar a difusión en redes sociais da participación en eventos, congresos e xornadas de difusión (e.x., xornadas ante escolares, difusión informal da ciencia, etc.)

Política

Incluirase a participación en congresos e eventos segundo os seguintes criterios:

  • En congresos CORE A ou superior, GRIN A+ ou superior e outros congresos seleccionados.
  • En outros eventos1), no caso de que sexan eventos a nivel nacional ou internacional. Tamén poden considerarse eventos autonómicos de especial relevancia.

Procedemento

Os investigadores que participen nun evento deberán comunicar, cun mínimo dunha semana de antelación, a intención de participar no evento a comunicacion.campusvida@usc.es para que a Unidade de Prensa poida axendar a previsión de difusión.

En caso de ser un evento autonómico ou un congreso que non cumpra os requisitos de rankings CORE e GRIN, a Unidade de Innovación decidirá se é elixible. En caso contrario, non se fará difusión.

O día do evento, os investigadores enviarán á Unidade de Comunicación e Prensa, segundo a canle acordada, fotografías e demais material que poida facilitar a difusión. As fotografías mostrarán preferentemente aos investigadores, a súa participación no evento, e elementos distintivos coma carteis ou edificios onde se celebren os eventos.

Nese mesmo día, a Unidade de Prensa difundirá a participación nas redes sociais.

1)
como por exemplo, reunións de plataformas tecnolóxicas, sociedades científicas, eventos de promoción da transferencia, do emprendemento, etc.