Estás aquí: start » centro » persoal-colaborador

Persoal Colaborador

Esta é unha revisión antiga do documento!


Persoal investigador que colabore asiduamente nalgún proxecto ou programa do centro que se adscribirá ao mesmo en base aos criterios e procedementos que a tal fin foron establecidos, e que inclúen un proceso de selección supervisado pola Comisión Científica Externa.

No caso de persoal colaborador doutras institucións poderanse establecer convenios ou acordos específicos de colaboración.

O/a director/a científico/a do CiTIUS valorará e, no seu caso, aprobará as solicitudes para ser persoal colaborador do centro. Ditas solicitudes farán constar brevemente as achegas científicas máis relevantes e a proposta de colaboración científica co centro da persoa candidata. O período de colaboración será de dous anos, renovable previo informe favorable da dirección científica do CiTIUS.

A persoa beneficiaria da condición de persoal colaborador do CiTIUS deberá obter, de ser o caso, todas as autorizacións que procedan para o seu desempeño como tal por parte dos organismos cos que teña relación laboral e/ou profesional. A colaboración co CiTIUS non supón ningún tipo de vinculación laboral coa USC.

A dirección do CiTIUS poderá asignar ao persoal colaborador un espazo de traballo no centro, así como proporcionar acceso ao seu equipamento e infraestruturas científico-técnicas, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da súa colaboración científica co CiTIUS.

O persoal colaborador do CiTIUS poderá facer un uso público de dita condición e poderá reflectir a mesma, previa autorización por parte da dirección do CiTIUS, nas súas contribucións científicas, sen menoscabo de que tamén o faga con outras organizacións, nomeadamente aquelas coas que manteñan unha relación laboral e/ou profesional.

Formularios para a solicitude de adscrición ao CiTIUS como persoal colaborador:

Versión Galego Versión inglés
Formulario Galego Formulario Inglés

Regulamento da figura de persoal colaborador.