Estás aquí: start » centro » persoal-colaborador

Persoal Colaborador

Esta é unha revisión antiga do documento!


Persoal investigador que colabore asiduamente nalgún proxecto ou programa do centro que se adscribirán ao mesmo en base aos criterios e procedementos que a tal fin se establezan, que en calquera caso incluirán un proceso de selección supervisado pola Comisión Científica Externa.

No caso de persoal colaborador doutras institucións poderanse establecer convenios ou acordos específicos de colaboración.

O/a director/a científico/a do CiTIUS valorará e, no seu caso, aprobará as solicitudes para ser persoal colaborador do centro. Ditas solicitudes farán constar brevemente as achegas científicas máis relevantes e a proposta de colaboración científica co centro da persoa candidata. O período de colaboración será de dous anos, renovable previo informe favorable da dirección científica do CiTIUS.

A persoa beneficiaria da condición de persoal colaborador do CiTIUS deberá obter, de ser o caso, todas as autorizacións que procedan para o seu desempeño como tal por parte dos organismos cos que teña relación laboral e/ou profesional. A colaboración co CiTIUS non supón ningún tipo de vinculación laboral coa USC.

A dirección do CiTIUS poderá asignar ao persoal colaborador un espazo de traballo no centro, así como proporcionar acceso ao seu equipamento e infraestruturas científico-técnicas, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da súa colaboración científica co CiTIUS.

O persoal colaborador do CiTIUS poderá facer un uso público de dita condición e poderá reflectir a mesma, previa autorización por parte da dirección do CiTIUS, nas súas contribucións científicas, sen menoscabo de que tamén o faga con outras organizacións, nomeadamente aquelas coas que manteñan unha relación laboral e/ou profesional.

Formularios para a solicitude de adscrición ó CiTIUS como persoal colaborador:

Versión Galego Versión inglés
Formulario Galego Formulario Inglés