Esta é unha revisión antiga do documento!
Comisión de igualdade
A Comisión de Igualdade do CiTIUS ten por obxectivo principal velar polo principio de igualdade en toda a actividade do CiTIUS e particularmente nos seguintes ámbitos:
- Perspectiva de xénero en todas as fases da actividade investigadora
- Procesos de selección e contratación de persoal
- Promoción e desenvolemento da carreira profesional
- Condicións laborais e conciliación corresponsable
- Formación en materia de igualdade
- Cultura organizativa de igualdade
Composición
- Paula López Martínez, Coordinadora e investigadora vinculada
- Diego Cabello Ferrer, investigador vinculado
- Natalia Seoane Iglesias, investigadora vinculada
- Álvaro Ordóñez Iglesias, investigador posdoutoral
- Cristina Carbajal Pérez, investigadora predoutoral
- Marcos Fernández Pichel, investigador predoutoral
- María Tenorio Miranda, técnica da Unidade de Xestión do Coñecemento e a Transferencia
Plans de igualdade
Conciliación
A USC promove servizos para fomentar a conciliación corresponsable e compatibilizar a vida laboral e familiar. Estas iniciativas están dirixidas a toda a comunidade universitaria:
- Escola Infantil Breogán, dirixida a nenas e nenos de 0-3 anos. A súa liña pedagóxica está baseada na afectividade, na observación, na experimentación e no xogo a través dun proxecto educativo integral.
- Campus de Verán, cun programa de actividades deportivas e de lecer dirixido a nenas e nenos de 4-17 anos durante as derradeiras semanas de xuño, o mes de xullo e comezos de setembro.
Permisos por xestación, nacemento e cuidado de menores
A USC conta cunha serie de permisos retribuídos de xestación, nacemento, adopción o acollemento de menores:
- Permiso por xestiación a partir do día 1º da semana 37 de embarazo ata o parto. En xestación múltiple a partir do día 1º da semana 35.
- Permiso de maternidade de NN semanas por parto
- Permiso para
- Permiso de lactación por filla ou fillo menor de 12 meses: 1 hora de ausencia ao traballo, que se poderá dividir en 2 fraccións. Poderá substituírse por un permiso que acumule en xornadas completas o tempo correspondente ou por un crédito de horas a aproveitar en calquera momento despois do goce do permiso de maternidade.
Protocolo da USC en materia de acoso
Contacto
Oficina de Igualdade de Xénero da USC:
- Dirección: Pabellón Estudiantil, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela
- Teléfono: 881 811 310, 881 811 309
- E-mail: oix@usc.gal