Esta é unha revisión antiga do documento!
Guía para a publicación de Datasets na Web do CiTIUS
Onde podo publicar un Dataset?
Na seguinte ligazón podes publicar os teus Datasets. A información que se debe publicar para cada Dataset dependerá do obxectivo do mesmo. Por exemplo, no caso dun Dataset de clasificación podería ser:
- Descrición do Dataset, indicando nome, número de instancias, entradas, clases, etc.
- Referencia a algunha publicación a cal se asocie o Dataset.
- Licenza de dereitos de uso do Dataset.
- Arquivos de descarga.
A seguinte imaxe mostra como aparece un dataset na web do CiTIUS:
1. Presentación dun Dataset na web do CiTIUS
Que son as licenzas Creative Commons?
As licenzas creative commons son un conxunto de modelos de licenza desenvolvidos pola organización Creative Commons. Este tipo de licencias permiten asociar unha serie de dereitos as persoas que queiran utilizar a obra, como son:
Pódese elixir unha combinación de calquera destes dereitos, así se xeran os seguintes modelos de licenzas:
Como asocio unha licenza a un dataset da web co CiTIUS?
Asociar unha licenza a un Dataset da Wiki é sinxelo. No apartado Licenza, que aparece na imaxe 1, e suficiente asociar o logo da licenza que se vai a empregar así como un pequeno texto indicando as condicións de uso. Por exemplo, no caso anterior:
You can use this dataset on your publication as long as you include a citation to the reference on this page. When including a link to this dataset, please use this page instead of linking the file directly
Podes utilizar emoticonos para incluír, dunha maneira sinxela, os logotipos asociados a licenza. Por exemplo: