Esta é unha revisión antiga do documento!
O CiTIUS conta con dous botiquíns ao dispor de todo o persoal do centro, situados na conserxería e no Laboratorio de Instrumentación. En cada botiquín hai unha folla de control na que as persoas que precisen empregalo deberán anotar:
- Nome do usuario e data de emprego do botiquín
- Lesión e causa da mesma
- Material empregado
- Outras observacións que consideren oportunas
Esta folla cubrirase a efectos de levar un control do material empregado de cara a poder repoñer o material que sexa preciso.
Contido do botiquín
- 1 botella de auga osixenada
- 1 povidona iodada de 50ml.
- 1 paquete de algodón de 25 grs. arroiado
- 1 caixa de bandas adhesivas de 10 unidades
- 1 caixa de bandas protectoras de 1m. x 6cm.
- 1 pinza de disección de 11cm.
- 1 tesoira cirurxía 11cm.
- 2 vendas de 5m. x 5cm.
- 2 vendas de 5m. x 7cm.
- 1 venda de 5m. x 10cm.
- 3 sobres de gasas de 5 unidades (20 x 20cm.)
- 1 esparadrapo de 5m x 2,5cm.
- 2 pares de luvas de latex
- 1 botella de alcol de 250cc.
- 5 soros fisiolóxicos 5ml.
- 1 venda elástica Crepe de 4m. x 5 cm
- 1 caixa de ibuprofeno
- 1 caixa de paracetamol
Que facer en caso de:
Feridas leves:
Que facer | Que non facer |
---|---|
Lavar a ferida con abundante auga e xabón | Non empregar alcol |
Secar con gasas estériles | Non secar con algodón |
Aplicar desinfectante (betapovidona) | Non empregar cremas nin pomadas |
Cubrir a ferida cun apósito |
Feridas graves:
Que facer | Que non facer |
---|---|
Controlar a hemorraxia mediante compresión | Non empregar desinfectantes |
Non extraer corpos extranos | Non aplicar ningún tipo de crema |
Non manipular a ferida | Non empregar algodón |
Colocar un apósito ou gasa húmida |
Golpes e contusións:
Que facer | Que non facer |
---|---|
Aplicar frío local | Non mover ningunha articulación, se a contusión produciuse na mesma |
Retirar obxectos (aneis, reloxo etc.) | |
Aplicar vendaxe compresivo se hai hinchazón |