Esta é unha revisión antiga do documento!
Videoteca
Lístanse a continuación os apartados nos que está dividida a Videoteca da web:
| Tipoloxía | Descrición |
|---|---|
| Proxectos en curso (#meetourprojects) | Neste apartado publícanse vídeos en inglés que presentan proxectos de investigación H2020 ou Horizon Europe desenvolvidos no CiTIUS. |
| Últimos eventos | Esta sección recolle as gravacións dos eventos públicos máis recentes celebrados no centro. Para ver eventos anteriores, pódese consultar a sección de histórico. |
| Igualdade | Inclúe todos aqueles vídeos que compartan unha perspectiva de xénero, poñendo en valor o papel da muller no eido científico e, máis especificamente, nas áreas STEM (Science, Technology, Engineering, Mathematics). |
| Podcasts | Todos os podcasts producidos polo centro pódense consultar neste apartado. Os distintos episodios, conducidos por persoal investigador do CiTIUS, contan con convidados/as externos/as, que sobresaen en diversas contornas sociais. |
| Divulgación | Nesta categoría amósase a maior variedade da Videoteca. Inclúese aquí unha ampla gama de pezas audiovisuais destinadas a divulgar a actividade investigadora do centro, a través de vídeos relacionados con proxectos, entregas de premios ou eventos de divulgación. |