Esta é unha revisión antiga do documento!
Consellos e recomendacións
Algúns consellos básicos a ter en conta cando se desenvolven actividades de comunicación:
- Informar con antelación á Unidade de Prensa sempre que se teña coñecemento dunha acción de comunicación relacionada co centro.
- Presentarse sempre como persoal investigador do CiTIUS e non únicamente como persoal investigador da USC.
- Moi especialmente, cando se difundan resultados con outras entidades, poñer sobre aviso á Unidade de Prensa para garantir que conste a mención expresa ao CiTIUS na nota de prensa definitiva.
- Sempre que sexa posible, facer uso do material de difusión do CiTIUS (roll-ups, folletos, fondos de pantalla, etc.) á disposición do equipo para mellorar a comunicación do centro. Algún deste material pode descargarse aquí.