Criterios de difusión do centro en relación coas publicacións científicas do persoal investigador do CiTIUS.
A forma correcta de indicar a afiliación institucional nas publicacións do persoal do CiTIUS é a seguinte:
Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)
Universidade de Santiago de Compostela
15782, Santiago de Compostela, SPAIN
Pode consultarse a Instrución sobre normalización da afiliación institucional nas publicacións cuxa autoría estea vinculada ao persoal da Universidade de Santiago de Compostela, onde se establecen os criterios oficiais de sinatura.
A seguinte imaxe amosa un exemplo de como debería aparecer esta afiliación nun artigo:
A continuación inclúese un exemplo de texto de agradecemento que incorpora referencia a un proxecto nacional, ás axudas de acreditación de centros de investigación e aos grupos de referencia competitiva da Xunta de Galicia. Este modelo debe adaptarse en función das características específicas de cada proxecto e convocatoria:
This work has received financial support from the Agencia Estatal de Investigación (Spain) (REFERENCIA DEL PROYECTO / AEI / CÓDIGO AXUDA), the Xunta de Galicia - Conselleria de Educación, Ciencia, Universidades e Formación (Centro de investigación de Galicia accreditation 2024-2027 ED431G-2023/04 and Reference Competitive Group accreditation 202X-202X, CÓDIGO AXUDA) and the European Union (European Regional Development Fund - ERDF)
As normativas de publicidade poden variar segundo a convocatoria, polo que é necesario revisar sempre as bases correspondentes para cumprir correctamente coas obrigas de difusión establecidas.
En todas as publicacións do persoal vinculado ao CiTIUS debe mencionarse expresamente a axuda FEDER (para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia), de acordo coas condicións establecidas na concesión da axuda ao Centro.