PIP é unha ferramenta multiplataforma para instalar e xestionar paquetes de python, que funciona independentemente do sistema de xestión de paquetes do Sistema Operativo que empreguemos. Entre as súas principais vantaxes están a posibilidade de instalar e actualizar as últimas versións dos paquetes, independentemente da que estea nos repositorios do noso sistema; ou a instalación no propio directorio do usuario, sen requirir permisos de administrador.
Para instalar un paquete determinado, que debe estar presente no índice de paquetes de python, simplemente deberemos escribir o seguinte comando (con permisos de administrador).
$ pip install nome_paquete [... progress report ...] Successfully installed nome_paquete
No caso de non dispoñer de permisos, é posible instalar igualmente os paquetes, pero nese caso instalaranse no home
do usuario, concretamente na ruta /home/usuario/.local/lib/pythonX.Y/site-packages
. A orde para realizar a instalación deste xeito é a seguinte:
$ pip install --install-option="--user" nome_paquete [... progress report ...] Successfully installed nome_paquete
PIP tamén permite a actualización dos paquetes xa instalados. A orde a executar é a seguinte:
$ pip install --upgrade nome_paquete
O mecanismo de eliminación de paquetes é moi similar ó de instalación:
$ pip uninstall nome_paquete