Pip é un programa que serve para instalar paquetes de Python. Por defecto instálaos como root, pero os usuarios tamén poden instalar paquetes no seu directorio persoal, coa opción –install-option=“–user”
.
Por exemplo:
$ pip install --install-option="--user" axel Downloading/unpacking axel Running setup.py egg_info for package axel Installing collected packages: axel Running setup.py install for axel Successfully installed axel Cleaning up...
Os paquetes instalaranse en $HOME/.local/lib/pythonX.Y/site-packages
, que xa se atopa na ruta de busca por omisión de Python.