O Open Access pode definirse como a práctica de proporcionar acceso á información científica libre de pago e reusable. Para máis precisión, poden consultarse as diferentes definicións existentes de Open Access. Por exemplo, a Declaración de Bethesda(2003) define unha publicación de acceso aberto como aquela que cumpre as seguintes condicións, que se transcriben literalmente da declaración:
Outras definicións aparecen na Declaración de Budapest e na Declaración de Berlín.
Segundo os partidarios das publicacións de acceso aberto, os principais inconvenientes das editoriais tradicionais foron por unha banda o prezo e por outra as limitacións de acceso ás publicacións científicas. O elevado incremento producido nos prezos de acceso ás publicacións das principais editoriais entre finais dos 90 e principios do 2000, foron, posiblemente, un dos catalizadores do movemento de Open Access. Neste sentido, moitas universidades consideraron abusivos os contratos con algunhas editoriais, máxime cando se ten en conta que as Universidades son as xeradoras e receptoras da información que permite o funcionamento destas institucións.
Existen dúas vías principais para conseguir que unha publicación sexa de acceso aberto:
Cando se ceden os dereitos de copyright a unha editorial o autor e a institución perden a capacidade de reprodución, distribución, uso e almacenamento da obra. Depende das normativas específicas de cada editorial o uso que os autores poidan facer das súas obras, unha vez se fixo a cesión de dereitos ás mesmas.
Neste momento, a maior parte das editoriais incluíron a vía de publicación de acceso aberto (vía de ouro) dentro do seu modelo de negocio. De igual xeito, moitas das editoriais son permisivas coa publicación de preprints e versións aceptadas de traballos (vía verde).
Normalmente clasifícanse os artigos en función da fase do proceso de publicación en tres categorías:
ArXiv é un repositorio de impresións previas electrónicas de artigos científicos nos campos das matemáticas, física, astronomía, ciencias da computación, bioloxía cuantitativa e estatística, etc. que poden ser accedidos online. Nalgúns ámbitos, como as matemáticas ou a física, case todos os artigos son publicados en ArXiv. Moitos científicos soben regularmente os seus artigos a ArXiv, como paso previo ao seu envío aos procesos de revisión científica. ArXiv é posiblemente o repositorio máis coñecido. Actualmente sóbense miles de publicacións a ArXiv todos os meses.
ArXiv foi creado por Paul Ginsparg en 1991, sendo posiblemente o primeiro repositorio de arquivos científicos. Orixinalmente foi aloxado no Laboratorio Nacional dos Álamos, estando neste momento aloxado na Universidade de Cornell. Aínda que ArXiv non conta con revisión por partes, si conta cun sistema de aprobación para garantir que os traballos adecúanse ao área á que se asocian.
O directorio de Open Acces Journals indexa e proporciona acceso a revistas de Acceso Aberto cun sistema de control de calidade adecuado, e aos seus artigos.
O directorio OpenDOAR inclúe un listado de máis de 2.500 repositorios de información científica.
A Public Library of Science (PLoS) é unha organización sen ánimo de lucro fundada no ano 2000, co obxectivo de conseguir que os resultados científicos sexan accesibles a todo o mundo.
PLoS publicou en abril de 2001 unha carta pedindo a adhesión da comunidade investigadora á reivindicación do acceso aberto ás publicacións científicas. Esta carta conseguiu o apoio de case 34.000 investigadores de 180 nacionalidades.
Posteriormente, PLoS reinventouse como editorial no 2003, co obxectivo de demostrar que a publicación ofrecendo o acceso aberto das publicacións é factible. Na seguinte web aparecen os custos de publicación das revistas desta editorial.
O artigo 43 das regras para a participación e difusión no H2020 establece:
With regard to the dissemination of results through scientific publications, open access shall apply under the terms and conditions laid down in the grant agreement. Costs relating to open access to scientific publications that result from research funded under Horizon 2020, incurred within the duration of an action, shall be eligible for reimbursement under the conditions of the grant agreement. With due regard to Article 18 of Regulation (EU) No 1291/2013, the grant agreement shall not stipulate conditions regarding open access to publications which would result in additional publishing costs after the completion of an action.
With regard to the dissemination of research data, the grant agreement may, in the context of the open access to and the preservation of research data, lay down terms and conditions under which open access to such results shall be provided, in particular in ERC frontier research and FET (Future and Emerging Technologies) research or in other appropriate areas, and taking into consideration the legitimate interests of the participants and any constraints pertaining to data protection rules, security rules or intellectual property rights. In such cases, the work programme or work plan shall indicate if the dissemination of research data through open access is required.
Ademais, a Guidelines on Open Access to Scientific Publications and Research Data in Horizon 2020 establece:
The open access mandate is composed of two steps:
1. depositing publications into repositories, and
2. providing open access to them. These two steps may or may not occur at the same time, depending on whether open access publishing ('gold' open access) or self-archiving ('green'open access) is used, and, in the case of self-archiving
, depending on the embargo period (if any)
Adicionalmente, a guía anterior explica que a Unión Europea establecerá mecanismos para o financiamento da publicación de traballos derivados de proxectos de investigación H2020, que sexan publicados con posterioridade á finalización dos proxectos.
A política nacional ven descrita no artigo 37 da ley da Ciencia, o cal se transcribe a continuación:
1. Los agentes públicos del Sistema Español de Ciencia, Tecnología e Innovación impulsarán el desarrollo de repositorios, propios o compartidos, de acceso abierto a las publicaciones de su personal de investigación, y establecerán sistemas que permitan conectarlos con iniciativas similares de ámbito nacional e internacional.
2. El personal de investigación cuya actividad investigadora esté financiada mayoritariamente con fondos de los Presupuestos Generales del Estado hará pública una versión digital de la versión final de los contenidos que le hayan sido aceptados para publicación en publicaciones de investigación seriadas o periódicas, tan pronto como resulte posible, pero no más tarde de doce meses después de la fecha oficial de publicación.
3. La versión electrónica se hará pública en repositorios de acceso abierto reconocidos en el campo de conocimiento en el que se ha desarrollado la investigación, o en repositorios institucionales de acceso abierto.
4. La versión electrónica pública podrá ser empleada por las Administraciones Públicas en sus procesos de evaluación.
5. El Ministerio de Ciencia e Innovación facilitará el acceso centralizado a los repositorios, y su conexión con iniciativas similares nacionales e internacionales.
6. Lo anterior se entiende sin perjuicio de los acuerdos en virtud de los cuales se hayan podido atribuir o transferir a terceros los derechos sobre las publicaciones, y no será de aplicación cuando los derechos sobre los resultados de la actividad de investigación, desarrollo e innovación sean susceptibles de protección.
Neste momento, a maior parte das editoriais permiten a publicación de pre-prints nas web persoais e institucionais e en repositorios de libre acceso sen ánimo de lucro. De igual xeito, moitas editoriais permiten a publicación da versión previa á impresión en webs persoais e institucionais así como en repositorios de libre acceso sen ánimo de lucro, sempre que se recoñeza e enlace a fonte orixinal do traballo. En ocasións, esta publicación está sometida a un “periodo de embargo”, que impide a súa publicación ata que exista certa marxe temporal con respecto á publicación na revista.
Na seguinte web pode consultarse unha clasificación de editoriais e revistas pola súa política de publicación.
Na seguinte táboa pódese atopar información acerca da política de publicación dalgunhas das editoriais máis relevantes para o ámbito da computación.
Editorial | Política | Acceso Aberto |
---|---|---|
ACM | ACM Open Access,ACM Author rights | Soamente nalgúns Journals |
Elsevier | Elsevier Article Posting Policy | Elsevier Open Access Journals |
IEEE | An FAQ on IEEE Policy Regarding Authors Rights,Electronic Information dissemination | Open Access Choices for IEEE authors |
IOP Publishing | FAQ | Open access policy |
Oxford | Author Self-Archiving Policy | Open Policies |
Springer | Self-archiving policy | Publish open access with Springer |
Wiley | Self-Archiving Policy | Author services |
A continuación aparecen algúns enlaces onde obter máis información sobre a publicación de acceso aberto: